"Hai anos que temos asumida a convivencia normal con Internet. No eido familiar e laboral a Rede de Redes descobre un mundo e información noutrora nunca visto. É a universalidade da cultura que chega a nós cunha simplicidade que non deixa de sorprendernos. A tecnoloxía avanza a ritmo frenético, non só os dispositivos resultan cada vez máis lixeiros e portables, senón que levamos literalmente no peto as redes sociais e xunto a elas gardamos nosos sinais de identidade, inxentes datos persoais e contactos dun sinfín de persoas achegadas e outras non tanto. Por moitas bondades e potencialidades que nos ofreza, Internet e todas as aplicacións derivadas da Rede, agocha riscos e perigos que de non ser enfrontados poden chegar a perturbar a nosa vida familiar, escolar e social."
Debaixo destas liñas ou no apartado DOCUMENTOS podedes ler un interesante cómic creado polo Valedor do Pobo que nos fala dos perigos de internet dentro do eido familiar dunha forma amena e para todos os públicos.
No hay comentarios :
Publicar un comentario