A partir de hoxe e ata o domingo 8 de novembro ás 24 horas podes facerte soci@ da ANPA "A BOCA" do CPI de Vedra. Se o desexas tamén podes contratar o Seguro Escolar que ofertamos ou beneficiarte das nosas Actividades Extraescolares. Se estas interesad@ so tes que visitar o noso blogue e entrar no apartado ISCRÍBETE, aquí poderas atopar toda a información e documentación necesarias.
COLABORA CUN PROXECTO SERIO E NECESARIO PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA DE VEDRA!!!
Cal é o principal obxectivo da ANPA?
Contribuír, na medida das nosas responsabilidades, á formación do alumnado e ao bo funcionamento do C.P.I. Plurilingüe de Vedra. Nesta tarefa, cada nai e cada pai somos imprescindibles.
Qué fai?
- Vela polo bo estado das infraestruturas educativas, e o funcionamento axeitado dos servizos complementarios (comedor, transporte…).
- Presta apoio ao alumnado, e as súas familias, en todo o relacionado coas necesidades educativas e coa asistencia ao centro (seguro escolar, Banco de Libros, chándal…).
- Tenta chegar a convenios e acordos para lograr, para @s nos@s soci@s, un mellor prezo en materiais de uso común do alumnado, dende material escolar ata, por exemplo, gafas ou outros servizos e produtos.
- Mantén un blogue de comunicación das actividades da ANPA, e aporta materiais para a reflexión, o debate e a formación.
- Defende os intereses de nais e pais no Consello Escolar.
- Colabora nas campañas educativas do Centro (excursións, festivais, xornadas formativas…).
Qué fixemos ata o de agora?
- Colaboración con causas solidarias: Fundación Andrea, Todos con Xose Manuel....
- Xestión de material escolar para familias en risco de exclusión social, en colaboración coa Fundación La Caixa.
- Banco de Libros de texto.
- Obradoiros varios, así como actuacións para os festivales de Nadal.
- Xornada arredor dos problemas educativos, encontros da Comunidade Educativa, nos que participan diversos profesionais.
- Colaboración coas Xornadas Pedagóxicas, evento de carácter internacional que se leva a cabo no noso colexio.
- Outros proxectos de economía local arredor da comunidade educativa, como o chándal de Vedra ou outros convenios que estamos a levar a cabo para aforrar cartos @s nos@s soci@s.
- Facemos moitas outras cousas. Se queres saber máis non te olvides de visitar o noso blogue.
No hay comentarios :
Publicar un comentario