MALALA YOUSAFZAI RECIBE O PREMIO SÁJAROV Á LIBERDADE DE CONCIENCIA

Mariam Khalique mestra no conflictivo distrito de Swat, en Pakistan, dicía nunha entrevista: 
“Recordo cando anunciaron na radio que as nenas non podían asistir á escola (así o decretaran os talibáns), pero a pesares daquelas ameazas moitas nenas seguiron a asistir ao colexio co apoio dos seus mestres que lles aconsellaron que deixaran os uniformes na casa e esconderan os cadernos baixo o velo” e apostilla: “Coñecemos a liberdade que nos daba a educación e vimos que esa liberdade nos facía máis fortes. Por iso nola querían quitar”.
Á nena paquistaní Malala estivo a piques de costarlle a vida defender unha educación universal a través do seu blog. Onte recibiu o premio que o Parlamento Europeo lle concede a aquelas persoas ou institucións que se destaquen na defensa da liberdade de conciencia, un galardón que debe servir para recordarnos que arredor de 250 millóns de nenas no mundo non poden ir á escola. 
Este é o discurso de Malala ante a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, non o perdades, defender a educación universal é un deber ético de cada un de nós.


No hay comentarios :

Publicar un comentario