Nas aulas do CPI de Vedra continúan a desenvolverse este mes os obradoiros de patrimonio de Vedra Medra. Os pequenos cineastas seguen a afondar na materia de narrativa audiovisual agora da man da produtora Illa Bufarda, que os acompañará no proceso de elaboración de cadansúa peza audiovisual. O obxectivo: poñer en valor os tesouros que agocha a súa parroquia a través da videocreación.
Esta é unha actividade do proxecto Vedra Medra. Durante 6 horas aprendemos linguaxe e narrativa audiovisual, elaboramos o guión e editamos as nosas historias. Cada participante decide que contar da súa parroquia, hai tantos tesouros para ser narrados co audiovisual!!!
FONTE: VEDRA MEDRA
No hay comentarios :
Publicar un comentario