Do 15 de maio ao 9 de xuño permanecerá aberto o prazo de inscrición para as “Accións de Verán 2017”: Campamentos Infantil e Xuvenil, Campamento en Ibiza e Viaxe da Mocidade a Ibiza.
A inscrición poderase realizar de forma presencial no Departamento de Cultura e Xuventude (Casa do Concello) ou a través do e-mail cultura@concellodevedra.com, enviando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
O día 15 de maio ás 9 da mañá abrirase o prazo de inscrición por estas dúas vías: presencial e por e-mail. (as fichas de inscrición que cheguen por mail antes desa hora non serán tidas en conta)
Para máis información: 981 814 691
No hay comentarios :
Publicar un comentario