17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Orense 24 de Agosto de 1941- Nigrán 9 de marzo de 2002

O escritor ourensán foi “unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da literatura galega das últimas décadas do século XX”, salientando a súa condición de narrador, ensaísta, articulista de prensa, editor e dinamizador cultural, así coma “o humor e a sinxeleza e a claridade no tratamento dos temas que lle afectan ao mundo actual”. 

Así mesmo, fixo fincapé en que “alén do seu talento literario, Casares foi un intelectual de relevo extraordinario que destacou tamén pola súa implicación na vida cultural, social e institucional do país e por unha laboriosidade incansable, ao tempo intelixente e reflexiva, e sempre cun compromiso inequívoco coa lingua galega”. 


A galiña azul é probablemente o máis popular dos libros de Carlos Casares e un dos fitos fundamentais da literatura infantil galega. Publicada orixinalmente en 1968, foi unha das primeiras obras editadas en galego para público miúdo.

O libro toma a forma dunha carta enviada a unha nena e nel aparecen personaxes inesquecibles coma Leoncio, un tolo moi cordo que inventa canóns que disparan caramelos e bombas da felicidade; a abnegada formiga esquiadora que partiu unha perna; ou, por suposto, a misteriosa galiña azul “con cinco plumas vermellas nunha á”, que pon ovos de cores e ten alarmadas ás autoridades.
A galiña azul é un libro pioneiro no que Casares desliza, baixo a aparencia de conto infantil, a súa habitual mensaxe contra a intolerancia e a inxustiza.

No hay comentarios :

Publicar un comentario