CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE VERÁN 2017 DEPUTACION DA CORUÑA



O Concello de Vedra ten adxudicado 3 prazas para o campamento deportivo de Verán 2017. Este campamento está destinado a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos, cumpridos neste ano 2017 e terá unha orientación deportiva, mediante a realización de actividades náuticas, equitación tenis, sendeirismo, fútbol, voleipraia, baloncesto,…
A estancia e manutención terá lugar nas instalacións do Centro Residencial Docente da Coruña, no Concello de Culleredo (rúa Salvador Allende,13) e a quenda que nos corresponde vai dende o 26/08/2017 ata o 01/09/2017.
A data límite para inscribirse remata o 17 de xuño, no caso de ter mais solicitudes que prazas concedidas realizaremos un sorteo publico ante o secretario do concello para adxudicar as prazas.
A cota de participación e de 85,00 euros por participante e o transporte dende a comarca, tanto de ida como de volta, non está incluído na oferta.
Máis información e inscricións no departamento de cultura e deportes: 981814691
FONTE: CONCELLO DE VEDRA

No hay comentarios :

Publicar un comentario