O luns día 8 de maio o alumnado de 1º e 2º de ESO, coma en anos anteriores, participou no "Correlingua", en defensa da Lingua Galega, que este ano levaba o lema: "O galego, sen cancelas".
O CPI de Vedra participa no Correlingua 2017
Hoxe luns día 8 de maio participamos co alumnado de 1º e 2.º de ESO
nunha nova edición do Correlingua.
66 rapaces do CPI de Vedra convocados dende o Equipo de
Dinamización da Lingua Galega do centro desprazáronse cos
profesores Victoria, Juan, Juanma, Pilar e Xulia para participar deste día
de festa da lingua en Santiago de Compostela.
Como cada ano esta actividade vense realizando por toda a xeografía
galega en datas previas á celebración das Letras Galegas.
O lema elixido para este Correlingua 2017 foi "EN GALEGO, SEN
CANCELAS".
O CPI de Vedra tivo a honra de levar a pancarta que abría a marcha.
Unha marcha que nos levou pola Praza da Quintana, a Rúa da Conga,
a Rúa Nova, a Rúa da Caldeiraría, a Rúa do Preguntoiro; a Praza do
Pan, a Rúa da Troia, a Rúa da Fonte de S. Miguel, a Rúa da Porta da
Pena, a Rúa dos Xasmíns, a Avenida Xoán XXIII, a Rúa de San
Franciso, a Praza do Obradoiro, a Rúa de Fonseca e a Rúa de Xelmírez
para finalizar de novo na Quintana.
As actuacións que seguiron tras a andaina foron conducidas por Isabel
Risco e, entre elas, destacamos: a lectura do manifesto, a actuación do
grupo Cantalingua e o concurso de animación na carreira.
Xulia Marqués
Coordinadora do EDLG
Estes mesmos grupos de ESO visitaron a exposición "As caras dos libros. Os deseños das portadas nas obras de Carlos Casares", instalada na biblioteca municipal. Esta exposición, cedida temporalmente pola Asociación Cultural Rocha Forte de Santiago de Compostela, púdose visitiar esta semana no referido espazo.
FONTE: PÁXINA DO CPI DE VEDRA
No hay comentarios :
Publicar un comentario