Dende a ANPA do CPI Plurilingüe de Vedra convidámolos a participar na próxima actividade extraescolar que dará comezo o vindeiro curso, pero que por razóns organizativas da propia piscina, se debe matricular o remate do presente curso, momento no que nos atopamos.
Grupo de idade os que se oferta : 4 – 12 anos (ámbolos dous incluídos)
Custo: 20€ a socios, e 23€ non socios. (prezo por trimestre)
Lugar: Piscina climatizada da Ramallosa, en Teo
Prazo de presentación de solicitudes: Socios do 3 a o 13 de maio, non socios do 14 a o 24 de maio, admisión por rigorosa orde de inscripcións, que serán atendidas no mail anpacpivedra@gmail.com
AVISO: Os nenos non poden comezar a actividade ata cumprir os 4 anos, se desexades matricular a un cativo que fai os 4 en novembro por exemplo, teriades que pagar o primero trimestre compreto (pola reserva de praza, pero ata o dia no que faga os 4 anos non pode acudir), isto son normas da piscina, nas que a ANPA non ten maneira de cambiar.
No hay comentarios :
Publicar un comentario