ACTIVIDADES DA SEMANA

Hoxe comeza o curso organizado pola ANPA "Descubrindo Internet", que imparte Abelardo Rendo no Centro Multimedia de Vedra. Durante as seguintes semanas, os pais e nais inscritos recibirán información gratuita para manexarse na rede.

Nas vindeiras semanas teremos, tamén, a oportunidade de asistir a Teatrofilia, unha das mellores mostras de teatro Amador de Galicia, organizada pola asociación cultural Papeventos de Vedra.
Nun momento no que tantas cousas nos emprobecen, o teatro, a solidariedade enriquécennos. Noraboa.


No hay comentarios :

Publicar un comentario