Conmocionados e fondamente apenados polo accidente de tren acontecido en Angrois, a ANPA do CPI de Vedra quere amosar con esta entrada no blog a súa solidarieade e afecto cara as familias das persoas que perderon a vida de xeito tan tráxico (nenos e mestres entre elas) e recoñecer o traballo dos veciños e veciñas, das forzas de rescate, do persoal sanitario e de cantos cidadáns prestaron a súa axuda dun ou doutro xeito.
Quédanos, agora, desexar a pronta recuperación dos feridos que permanecen hospitalizados e, nese senso, quixeramos lembrarlle aos nosos asociados e amizades que o seu sangue pode salvar vidas e continúa a ser necesario, se podedes, doade!
No hay comentarios :
Publicar un comentario