CIRCULAR DA FEDAPAS CORUÑA SOBRE OS COMEDORES ESCOLARES

A FEDAPAS Coruña, á que pertencemos enviounos esta circular que desexamos que coñezades.



A: ANPAS FEDERADAS                                                                                        Circular Nº 448/13 

ASUNTO: COMEDORES ESCOLARES 

Prezadas/os amigas/os: 

Pese á oposición da nosa organización, xa manifestada á Consellería de Educación, do que era o proxecto de decreto de comedores escolares e tamén no Consello Escolar de Galicia (representada como Federación Provincial por CONFAPA-GALICIA) cunha enmenda á totalidade do seu articulado no mes de abril, o goberno da Xunta de Galicia aproba a fináis de agosto o Decreto 08/2013 que regula o desenvolvemento dos comedores escolares. 

Como sabedes, este novo decreto anula a gratuidade ao alumnado transportado e obriga a repagar un servizo que xa está pagado cos nosos impostos. Non podemos aceptar un decreto que pon en tela de xuizo a igualdade de oportunidades e a función compensatoria que ten por características, entre outras moitas, a Escola Pública. 

Moitos nenos e nenas non poden na actualidade quedar no comedor polo gasto que supón ás famillias a perda da gratuidade, véndose á hora da saída do cole sen opción a comer, pero tamén sen transporte escolar que os leve a casa. ¿Qué opción teñen? ¿esperan na porta? ¿levan un “taper”?. 

De estas e de outras cuestións é necesario ter datos concretos para elaborar un veraz e riguroso informe que avale o que estamos denunciando. Para iso necesitamos, coma sempre, da vosa colaboración, que consiste en que nos devolvades cuberto antes do 14 de novembro o documento que se xunta, coas cuestións que plantexamos e ao que podedes engadir o que consideredes de interés.



A Xunta Directiva da ANPA do CPI Plurilingüe de Vedra vai a respostar ao cuestionario e a apoiar en todo o que poida as accións de FEDAPAS neste asunto.

No hay comentarios :

Publicar un comentario