Vedra, 19 e 20 abril 2013
Educación Pública de calidade en tempos de crise
Aberto a todas as persoas interesadas na educación hoxendía: alumn@s, ex-alumn@s, profesor@s, familias, amigos e viciños.
Actividades para nenos e nenas.
Tanto o venres, día 19, como durante o sábado, día 20, os rapaces e rapazas (de entre 3 e 12 anos) terán o seu propio espazo e colaborarán nas actividades programadas pola Educadora do Concello. Para facilitar a organización de ditas actividades, é imprescindible anotarse antes do día 10 de abril no tfno.:
699 041 486 (Mamen). Son gratuitas!!
Venres 19 de abril
20:00 a 22:30.
Na Biblioteca Municipal de Vedra, proxeccion da película “Hoxe comeza todo” de Bertrand Tavernier, seguida dun coloquio arredor dos temas que xurdan no filme. Para animar á conversa, acompañarémola cuns aperitivos!
Sábado 20 de abril
Lugar: Edificio Multiusos da Estación de Tren, Sta Cruz de Ribadulla
10.00 – 10.30 Presentación da iniciativa ‘Banco de Libros’ pola ANPA do CPI de Vedra
10.30 – 13.30. CAFÉ DE IDEAS, na 1ª planta do Edificio Multiusos da Estación de Tren
Que é? Un espazo interactivo que serve para a reflexión e o debate sobre os temas da educación que nos ocupan nun ambiente relaxado.
Como se desenvolve? Empezaremos cunha breve montaxe audiovisual sobre distintos aspectos da educación, dende os puntos de vista de alumnos e alumnas, profesorado, pais e nais. A continuación, nun espazo semellante a unha cafetería, todos os participantes intercambiaremos ideas e debatiremos sobre as mesmas. Para finalizar, farase unha presentación de proxectos innovadores e alternativos ao libro de texto, punteiros en Galicia, feita polos mestres que os desenvolven.
14:00– 16.00. XANTAR
Na área recreativa de Agronovo, á beira do río Ulla. No caso de mal tempo, trasladarase á Casa de Cultura de Sta. Cruz. Prezo: 3€/nenos en idade escolar, 5€/adultos.É imprescindible anotarse antes do día 15 de abril nos tfnos.: 981 502 283 (Jacqui) ou 647 451 649 (Abelardo).
16:30– 19.30 TEMPO PARA COMPARTIR
Que é? Unha oportunidade de estrreitar lazos entre alumnado, mestres, mestras, nais, pais e ex-alumnos nun ambiente lúdico onde se compartirán habilidades, aficións, experiencias...
Como se desenvolve? Entre xogos, músicas (rap, folque, jazz), contos e outras cousas que nos farán gozar da creatividade dos alumnos/as e ex-alumnos/as, dos profesores... non o perdades! Durante o encontro iremos artellando o primeiro fondo de recursos para o CPI de Vedra porque... para educar non sobra ninguén, todos facemos falla.
Queremos que participedes todos os que o desexedes, nunha actividade, en todas ou como queirades!
Organiza: ANPA do CPI de Vedra
Colaboran: CPI de Vedra, CEIP Ortigueira, CRA Boqueixón-Vedra e Concello de Vedra.
No hay comentarios :
Publicar un comentario