17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Orense 24 de Agosto de 1941- Nigrán 9 de marzo de 2002

O escritor ourensán foi “unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da literatura galega das últimas décadas do século XX”, salientando a súa condición de narrador, ensaísta, articulista de prensa, editor e dinamizador cultural, así coma “o humor e a sinxeleza e a claridade no tratamento dos temas que lle afectan ao mundo actual”. 

Así mesmo, fixo fincapé en que “alén do seu talento literario, Casares foi un intelectual de relevo extraordinario que destacou tamén pola súa implicación na vida cultural, social e institucional do país e por unha laboriosidade incansable, ao tempo intelixente e reflexiva, e sempre cun compromiso inequívoco coa lingua galega”. 


A galiña azul é probablemente o máis popular dos libros de Carlos Casares e un dos fitos fundamentais da literatura infantil galega. Publicada orixinalmente en 1968, foi unha das primeiras obras editadas en galego para público miúdo.

O libro toma a forma dunha carta enviada a unha nena e nel aparecen personaxes inesquecibles coma Leoncio, un tolo moi cordo que inventa canóns que disparan caramelos e bombas da felicidade; a abnegada formiga esquiadora que partiu unha perna; ou, por suposto, a misteriosa galiña azul “con cinco plumas vermellas nunha á”, que pon ovos de cores e ten alarmadas ás autoridades.
A galiña azul é un libro pioneiro no que Casares desliza, baixo a aparencia de conto infantil, a súa habitual mensaxe contra a intolerancia e a inxustiza.

COÑECENDO SANTA CRUZ DE RIBADULLA, A PONTE ULLA E SAN MAMEDE. VEDRA MEDRA






















O Departamento de Historia, en colaboración co proxecto Vedra Medra, organizou un percorrido histórico-artístico polas parroquias de Santa Cruz de Ribadulla, A Ponte Ulla e San Mamede.
Desta vez, os participantes foron os/as alumnos/as de 3.º ESO, que guiados pola profesora Mónica Vilariño e a monitora Inés Ferradáns, foron observando o patrimonio monumental e a arte relixiosa presentes nas igrexas parroquiais.
A arquitectura señorial, ben representada no Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, e o patrimonio vexetal que atesoura o seu inmenso xardín centrou tamén o interese do alumnado na primeira parada do percorrido.
A continuación, na parroquia da Ponte Ulla o grupo visitou a igrexa parroquial e descubriu a cabeceira semicircular do século XII, o rosetón ou a pintura mural da Anunciación (s. XVI).
Finalmente, na igrexa de San Mamede Ribadulla agardaba unha ábsida de estilo románico (s. XII), o retablo maior barroco e unha pía bautismal de singular feitío.

FONTE: VEDRA MEDRA

ESTE MARTES 16 DE MAIO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE VEDRA


ESTE MARTES 16 DE MAIO, AS 17:30
NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE VEDRA
"CONTOS DE MEDO QUE DEIXAN DURMIR"

Excursión Educación infantil MARCELLE





















Hoxe os pequenos do cole, van de excursión a Marcelle (Lugo) saíron as 9.50 do CPI, cargadiños de ilusión, nervios.... ante todo moi felices cas súas catro mestras. Desfrutade, vémonos a volta¡

15 DE MAIO DIA DA FAMILIA

FELIZ DÍA DA FAMILIA!!!

OS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO DE PRIMARIA FAN O SEU PROPIO "APADRIÑAMENTO LECTOR" COS SEUS COMPAÑEIROS/AS DE 3 ANOS


TODAS AS FOTOGRAFÍAS NA SEGUINTE LIGAZÓN

Actividades Letras Galegas: CORRELINGUA e EXPOSICIÓN "As caras los libros"

O luns día 8 de maio o alumnado de 1º e 2º de ESO, coma en anos anteriores, participou no "Correlingua", en defensa da Lingua Galega, que este ano levaba o lema: "O galego, sen cancelas".

O CPI de Vedra participa no Correlingua 2017 

Hoxe luns día 8 de maio participamos co alumnado de 1º e 2.º de ESO nunha nova edición do Correlingua. 66 rapaces do CPI de Vedra convocados dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro desprazáronse cos profesores Victoria, Juan, Juanma, Pilar e Xulia para participar deste día de festa da lingua en Santiago de Compostela. Como cada ano esta actividade vense realizando por toda a xeografía galega en datas previas á celebración das Letras Galegas. O lema elixido para este Correlingua 2017 foi "EN GALEGO, SEN CANCELAS". O CPI de Vedra tivo a honra de levar a pancarta que abría a marcha. Unha marcha que nos levou pola Praza da Quintana, a Rúa da Conga, a Rúa Nova, a Rúa da Caldeiraría, a Rúa do Preguntoiro; a Praza do Pan, a Rúa da Troia, a Rúa da Fonte de S. Miguel, a Rúa da Porta da Pena, a Rúa dos Xasmíns, a Avenida Xoán XXIII, a Rúa de San Franciso, a Praza do Obradoiro, a Rúa de Fonseca e a Rúa de Xelmírez para finalizar de novo na Quintana. As actuacións que seguiron tras a andaina foron conducidas por Isabel Risco e, entre elas, destacamos: a lectura do manifesto, a actuación do grupo Cantalingua e o concurso de animación na carreira. 

Xulia Marqués Coordinadora do EDLG
Estes mesmos grupos de ESO visitaron a exposición "As caras dos libros. Os deseños das portadas nas obras de Carlos Casares", instalada na biblioteca municipal. Esta exposición, cedida temporalmente pola Asociación Cultural Rocha Forte de Santiago de Compostela, púdose visitiar esta semana no referido espazo.
FONTE: PÁXINA DO CPI DE VEDRA

HOXE 15 DE MAIO COMEZA O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA "AS ACCIÓNS DE VERÁN 2017"


Do 15 de maio ao 9 de xuño permanecerá aberto o prazo de inscrición para as “Accións de Verán 2017”: Campamentos Infantil e Xuvenil, Campamento en Ibiza e Viaxe da Mocidade a Ibiza.
A inscrición poderase realizar de forma presencial no Departamento de Cultura e Xuventude (Casa do Concello) ou a través do e-mail cultura@concellodevedra.com, enviando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
O día 15 de maio ás 9 da mañá abrirase o prazo de inscrición por estas dúas vías: presencial e por e-mail. (as fichas de inscrición que cheguen por mail antes desa hora non serán tidas en conta)
Para máis información: 981 814 691