AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADE DE APOIO EDUCATIVO

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte concede unhas axudas para alumnos con necesidade de apoio educativo. Para todos os que esteades interesados en solicitalas o prazo remata o 30 de setembro.
Tedes máis información no seguinte enlace:


Moita sorte!

CHÁNDAL OFERTADO POLA ANPA DO CPI DE VEDRA






Nota: No modelo final as zonas con goma da cintura, cuello e mangas serán sustituidas por bordado con franxas verdes e amarelas. O escudo de Vedra irá no peito enriba da franxa amarela.

CAMPUS DE VERÁN CIENTÍFICO-TÉCNICO LUGO



Dirixido a estudantes da E.S.O. que queiran coñecer de primeira man as diferentes alternativas formativas que lles ofrece a Universidade de Santiago de Compostela.


TEATROFORUM "QUÉREME BEN"

Lembrade que mañá sábado 12 ANDARAVÍA convídanos ao teatroforum "Quéreme ben", de 100Tolas, Grupo de Teatro dx Oprimidx que terá lugar ás 19 hs no Centro Sociocultural do Burgo (casa da Terceira Idade). Gustaríanos tamén puntualizar que a obra está dirixida a MAIORES DE 14 ANOS.
Vemonos no TEATRO !!!

O TEATROFILIA MÁIS EDUCATIVO NA PRÓXIMA FIN DE SEMANA

ANDARAVÍA convídanos ao teatroforum "Quéreme ben", de 100Tolas, Grupo de Teatro dx Oprimidx que terá lugar o sábado día 12 ás 19 hs no Centro Sociocultural do Burgo (casa da Terceira Idade). 

A obra é unha historia de violencia de xénero coa cal se pretende cuestionar o modelo de relacións de parella e de amor romántico actual. 

O Teatroforum é unha das técnicas do Teatro do Oprimido onde a barrEira entre público e platea desaparece e se substitue polo diálogo. 

O Teatro do Oprimido é unha metodoloxía teatral desenvolvida nos anos 60-70 polo dramaturgo Augusto Boal, que pretende transformar as realidades opresivas a través de medios estéticos e o diálogo entre os oprimidos. 

É, por tanto, unha actividade de gran interese para todo o público, pero especialmente para o máis xoven, de cara a xenerar actitudes que estimulen a reflexión e a prevención da violencia de xénero. 

Ademais, o domingo dia 13 actuará a AULA DE TEATRO DO CPI DE VEDRA, ás 16: 15 hs., representando a obra "O último canto".


A LOMCE NON OBRIGARÁ AO CAMBIO DE LIBROS DE TEXTO O VINDEIRO CURSO

A presión da Plataforma pola Defensa do Ensino Público na que estamos integrados a través de CONFAPA-Galicia e os acordos tomados pola Consellería de Educación e Cultura facilitan moito a continuidade do Banco de Libros que esta ANPA, coa colaboración do CPI de Vedra, puxo en marcha o curso pasado. 

Como xa vos informamos na entrada anterior, o Consello Escolar do CPI de Vedra tamén aprobara unha resolución pedindo isto mesmo e a Xunta Directiva da ANPA valora moi positivamente dito acordo por dous motivos: 
  1. porque a pesar de que o texto aprobado finalmente non se corresponde na súa totalidade co proposto pola CONFAPA, identificámonos plenamente co seu contido e cremos que contribuiu á que a Consellería de Educación e Cultura tomase o acordo de non cambiar os libros de texto. 
  2. porque nos consta que o texto que se lle presentou ao centro para a súa aprobación no Consello Escolar foi amplamente estudado e debatido nos departamentos e no claustro do centro, e provocou unha reflexión seria nesa parte fundamental da nosa comunidade escolar, un feito que nos parece moi positivo. 
No seguinte enlace atoparedes información detallada:

Compre recordar, tamén, que esta ANPA, en colaboración co CPI de Vedra, continuará no vindeiro curso co Banco de Libros que xa se puxo en marcha -cremos que moi satisfactoriamente- no ano 2013, e que espera que este ano continúe a medrar coa colaboración de todas e todos.

CONFAPA-GALICIA PROMOVEU A CAMPAÑA CONTRA O CAMBIO DE LIBROS DE TEXTO QUE IMPLICABA A LOMCE

No marco da campaña iniciada pola Federación de ANPAS á que pertencemos, a ANPA do CPI de Vedra solicitou un Consello Escolar Extraordinario que tivo lugar o pasado 13 de marzo e no que se adoptaron as seguintes resolucións:


EN PONTECESO OS MANUAIS ESCOLARES SEGUEN A SER GRATUITOS

Achegámosvos un artigo no que se explica o sistema de préstamo de libros implantado nun IES de Ponteceso sobre cuxo desenvolvemento e eficacia deberiamos reflexionar.