ANPA CPI VEDRA
HOXE VENRES...
ESTAREMOS NO LOCAL DO ANPA DE 16 A 17h, PARA COBRAR AS CUOTAS DE SOCIOS E DEVOLVER OS CARTOS DA ACTIVIDADE DE PISCINA.
O CPI DE VEDRA SELECCIONADO PARA O PROXECTO "RADIO NA BIBLIO"
O CPI Plurilingüe de Vedra figura entre os 20 centros seleccionados para desenvolver o Proxecto Piloto "Radio na Biblio" durante este curso 2017/18.
O proxecto, cunha importante dotación económica e de recursos, será coordinado desde o equipo da biblioteca escolar e pretende achegar ao alumnado á emisión de novas na radio con cursos formativos e a posterior edición de programas.
FONTE: CPI DE VEDRA
HOXE MARTES...
ESTAREMOS NO LOCAL DO ANPA DE 16 A 17h, PARA COBRAR AS CUOTAS DE SOCIOS E DEVOLVER OS CARTOS DA ACTIVIDADE DE PISCINA
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN VEDRA MEDRA NO MUESO DO POBO GALEGO
Como xa viñamos anunciando o pasado día 4 de novembor inaugurouse a esposición do Proxecto Vedra Medra no Museo do Pobo Galego con motivo do Premio Proxecto Didáctico Antonio Fraguas.
Coa asistencia de numeroso público de Vedra, alumnado, profesorado, nais e pais, representantes do concello, o acto estivo presidido polo Secretario Xeral de Política Lingüística Valentín García e o presidente da Fundación Antonio Fraguas, Xusto Beramendi. Interviron, ademais dos citados, Xulia Marqués en nome do CPI de Vedra e o director do IES A Pinguela de Monforte.
Permanecerá aberta ata o vindeiro 17 de decembro.
FONTE: CPI DE VEDRA
OBRADOIRO NO MUSEO PEDAGÓXICO DE GALICIA
Con motivo do Día Internacional dos Dereitos da Infancia (20 de novembro), realizarase un obradoiro que xirará en torno ao dereito á educación dos nenos e nenas.
Data: venres, 24 de novembro, ás 18 horas.
Duración: 1 hora e cuarto.
A actividade é gratuíta e dirixida a nenos e nenas de 7 a 10 anos.
Número de Prazas: 20
Forma de Inscrición: para formalizar a inscrición será preciso enviar un correo electrónico incluíndo o nome e apelidos, idade e centro educativo do neno ou nena que desexa asistir, e un teléfono de contacto á dirección
.
O correo debe ser enviado polo pai/nai/ titor do neno ou nena que se queira inscribir.
Data límite de inscrición: xoves, 23 de novembro, ata as 18:00 horas.
Lembrade que a inscrición, polo feito de ser gratuíta, leva aparellado o compromiso de asistencia, para que todas as nenas e nenos participantes poidan desfrutar dunha experiencia óptima. No caso de non poder asistir unha vez inscritos/as, rogamos encarecidamente que se dea aviso coa suficiente antelación por correo electrónico ou por teléfono (981 540 155/56); deste xeito, poderán asistir á actividade outros nenos ou nenas en lista de espera.
Esperámosvos!
Museo Pedagóxico de Galicia - MUPEGA
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria








