A PARÁBOLA DO XARDÍN DAS TUILERIES

Escribía John Kenneth Galbraith, economista canadense, no seu libro “Naciones ricas, naciones pobres”:
“Hai máis que dicir acerca do desenvolvemento cultural, e máis específicamente da educación, como requisito previo ao desenvolvemento económico [...] A educación non é un ben que o desenvolvemento económico produce; as vellas nacións industriais saben por experiencia que é a educación o que permite o desenvolvemento económico”. E engade noutro parágrafo: “A formación técnica non é o primeiro paso do desenvolvemento cultural. A educación xeral desempeña un papel aínda máis vital, ainda que non merece igual énfase moderno”. 
Mentras esas “vellas nacións industriais”, o saben, no noso país desprezamos a cultura e castigamos cada día a unha educación pública que, como dicía aquel bolero, segue: “perdida, sin rumbo y en el lodo”.
Convidámosvos a ver “A parábola do xardín das Tuileries” unha curtametraxe de animación que exemplifica esplendidamente porqué a cultura é rendible e está na base do desenvolvemento, polo menos noutros países.


"UN BISCOITO PARA JOSÉ MANUEL", O FROITO DA SOLIDARIEDADE

2050 euros, esa é a cifra acadada coa venda de biscoitos, e outros postres, na foliada organizada por “Raiolo” o pasado 5 de outubro dentro da campaña “Unha axuda para José Manuel”. Entre eses postres están os das 41 nais e pais que quixestes participar na campaña “Un biscoito para José Manuel” promovida pola nosa ANPA.

TALLER DE TEATRO

Xa está aberto o prazo de inscrición para todos aqueles que queirades participar na actividade de teatro ofertada pola ANPA un ano máis. Tedes toda a información necesaria para levar a cabo a inscrición no documento adxunto.


FOLIADA SOLIDARIA "TODOS CON JOSÉ MANUEL"

Lembrade que este sábado 5 de outubro ás 17:30 horas no campo da festa de Vedra celebrarase a Foliada Solidaria "Todos con José Manuel" organizada pola A.C.D. RAIOLO e a Coordinadora “Todos con José Manuel”. Participaran en dita foliada distintas persoaxes e grupos musicais, na que poderedes tamén degustar uns ricos biscoitos dos pais e nais de Vedra doados dentro da nosa campaña Un biscoito para José Manuel. Haberá tamén, carpa, hinchables para os cativos, sorteos, etc... Tedes máis información no cartel e no enlace situados debaixo destas liñas. 

ANIMÁDEVOS!!!



ENTRE MAESTROS

O documental "Entre maestros" explora o mundo da docencia, basándose na publicación dun libro que plantexa a motivación dos alumnos desde o propio autocoñecemento persoal; donde se promove que cada un levamos un mestre dentro.



UN BISCOITO PARA JOSÉ MANUEL

Con motivo da foliada do sábado 5 de outubro organizada pola Asociación Raiolo no campo da festa de Vedra para recadar fondos dentro da campaña Todos con José Manuel, a ANPA do CPI de Vedra queremos aportar o noso graniño de area. Para iso vamonos a encargar de organizar e elaborar biscoitos para poñer á venda na foliada dentro da campaña Un biscoito para José Manuel. Se queredes participar cos vosos doces tedes toda a información de como facelo debaixo desta liñas. ANÍMATE!!!

             
               Fontal
Traseira

O ENSINO E AS INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

A capacidade de participar no currículo educativo dos nosos fillos na escola pública é simbólica e na práctica nula, pero non por iso nos imos a desanimar e a deixar de propoñer, cando menos, reflexións. Antes de esixirlle aos nosos fillos determinadas metas escolares, e aos seus mestres determinadas formas de ensinar, cremos moi interesante coñecer o que di Howard Gardner, profesor de Harvard, sobre o que debe ofrecerlle o sistema educativo ao alumnado:

ESCOLA DE FAMILIAS

O próximo venres 27 terá lugar outra sesión de Escola de Familias, nesta ocasión contamos coa participación de Manuel Rei, un prestixioso profesional da orientación educativa a nivel nacional. Sería bó que aproveitásemos todos e todas esta ocasión. A sesión celebrarase desta vez en Sta. Cruz, no centro Municipal de Formación (antiga estación de Sta. Cruz).