O VENRES 27 DE XANEIRO ÁBRESE A INSCRICIÓN XERAL DOS OBRADOIROS GRATUÍTOS QUE ORGANIZA A ASOCIACIÓN SENUNPESO PARA RAPACES E RAPAZAS DE ENTRE 10 E 16 ANOS.

Música electrónica con materiais cotiáns
A partir de 11 anos // 18 de febreiro de 10:00 a 13:00 // 25 prazas // No CPI Vedra
Neste obradoiro o alumnado aprenderá a construír dispositivos electrónicos sonoros empregando materiais cotiáns ou de refugallo (como papel de aluminio, minas de lapis, cables, material electrónico rescatado de aparellos en desuso, auga salgadas, imáns...). A súa finalidade é proporcionar un marco creativo no que descubrir procesos científicos e tecnolóxicos a través da experimentación musical, os cales poderán recrear posteriormente con facilidade. Aprenderán a construír coas súas propias mans condensadores, micrófonos, resistencias e altofalantes moi básicos, así como as funcións sonoras de cada uns dos compoñentes electrónicos.

Xogando coa holografía
A partir de 10 anos // 19 de febreiro, de 10:00 a 14:00 // 15 prazas // No CPI Vedra
Neste obradoiro o alumnado verá os principios básicos da holografía e a diferenza entre a holografía real e os "efectos holográficos", que poucos saben que se inventaron hai moito tempo e tamén existen na natureza. Finalmente descubrirán como é posible converter o móbil ou a tableta nun "proxector holográfico" e aprenderán a crear a súa propia holografía.
É necesario un portátil, ademais dunha tableta ou un móbil. Se alguén non ten ordenador portátil, que non se preocupe, seguro que hai para compartir!

INSTRUCIÓNS PARA INSCRIBIRSE
-O prazo de inscrición xeral ábrese o vernes 27 de xaneiro na páxina web senunpeso.org .
-Deberase cubrir un formulario na sección correspondente ao obradoiro de interese.
-As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.
AVISO: O formulario deben cubrilo os pais ou titores legais do alumno, xa que, ademais de facilitar os datos, deberán dar permiso (ou non) para a cesión de dereitos de imaxe. Para calquera dúbida, escriban un e-mail a info@senunpeso.org.

No hay comentarios :

Publicar un comentario