Campaña de Esquí Deputacion da Coruña



CAMPAÑA DE ESQUÍ 2017 
DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A Deputación da Coruña organiza de novo a Campaña de esquí destinada os nenos/as nados/as nos anos 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006.

Terá lugar na estación invernal de Leitaregos onde os participantes gozarán de seis días con aloxamento, manutención e cursiños de esquí. A cota de inscrición da actividade será de 95,00 euros por participante.

Ao Concello de Vedra adxudicaronlle 4 PRAZAS para a 4ª QUENDA que terá lugar dende o 19/03/2017 ó 24/03/2017. A entrada das persoas  participantes será o domingo pola tarde e a saída o venres despois da comida. O transporte dende a comarca, tanto de ida como de volta está incluído na oferta; os puntos da comarca onde terá lugar a recollida notificarase con abonda anticipación.

Se tes interese podes pre-inscribirte no Concello ATA O  VINDEIRO LUNS  23/01/2017chamando ao teléfono 981 814 691.
TERÁ PREFERENCIA  QUEN NON FORAN A NINGUNHA CAMPAÑA DA NEVE DA DEPUTACIÓN.
No suposto de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas pola Deputación, será preciso realizar un sorteo público ante o Secretario do concello para adxudicar as mesmas.




No hay comentarios :

Publicar un comentario