"UN BISCOITO PARA JOSÉ MANUEL", O FROITO DA SOLIDARIEDADE

2050 euros, esa é a cifra acadada coa venda de biscoitos, e outros postres, na foliada organizada por “Raiolo” o pasado 5 de outubro dentro da campaña “Unha axuda para José Manuel”. Entre eses postres están os das 41 nais e pais que quixestes participar na campaña “Un biscoito para José Manuel” promovida pola nosa ANPA.


Dende o primeiro momento cremos que debiamos ofrecer unha colaboración activa para que un neno do noso colexio poidera ter a mellor calidade de vida posible. Por iso, esta Xunta Directiva acordou, ademáis, doar 300 euros para esta causa, o que significa que cada unha das familias asociadas o pasado curso aportou catro euros da súa cota para este fin. 

Moitas gracias a todas/os pola vosa xenerosidade e solidariedade, unha vez máis demóstrase que traballar xuntas/os polas cousas que importan de verdade da resultado.


Máis información sobre a campaña solidaria en TODOS CON JOSE MANUEL

1 comentario :

Publicar un comentario