IMPORTANTE: ULTIMOS DÍAS PARA PEDIR AS AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO, FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR -2017

¡URXENTE!
Lembramos que o día 23  de xuño remata o prazo para solicitar as axudas de Fondo librosas Axudas para adquirir libros de texto e Axudas para material escolar.
 Para calquera dúbida poden dirixirse á Secretaría do centro.
Fonte: CPI DE VEDRA

AVISO IMPORTANTE!!! FOLGA DE TRANSPORTE

Mañá martes 20 de xuño, está convocada unha folga de transporte que NON AFECTARÁ O TRANSPORTE ESCOLAR, polo que o servizo funcionará de maneira habitual. 

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO RECIBIDOS DO FONDO SOLIDARIO OU ADQUIRIDOS CON CARGO AO VALE DAS AXUDAS NO CURSO 2016/2017


- ALUMNADO DENDE 3° DE PRIMARIA ATA 4° DE ESO
- DATA DE DEVOLUCIÓN: 22 DE XUÑO. 
ALUMNADO CON MATERIAS PENDIENTES: ATA O 7 DE SETEMBRO. 
- A FALTA DE DEVOLUCIÓN DOS LIBROS É CAUSA DE EXCLUSIÓN DO FONDO SOLIDARIO 

HOXE 15 DE XUÑO EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO DE TODO O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA


HOXE O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA VAI DE EXCURSIÓN A GALIPARK EN EXTRAMUNDI, PADRÓN. ALÍ REALIZARÁN ACTIVIDADES COMO: PAINTBALL, TIROLINA, ROCÓDROMO, PARQUE MULTIAVENTURA CON DISTINTOS NIVEIS DE DIFICULTADE ...


PASÁDEO BEN RAPACES!!!


O CPI DE VEDRA PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O Proxecto titulado "A palabra é vida e vai ao lonxe" presentado pola profesora Xulia Marqués, acadou un premio de innovación educativa en dinamización lingüística, segundo aparece publicado na Resolución da Xunta deste xoves pasado.

O Proxecto contrase na toponimia, conxunto das denominacións propias dos lugares, que él un tesouro para un país en peza fundamental para entender o desenvolvemento da historia es cultura do noso pobo. Vai dirixido a todas as etapas educativas do centro e conta con dous exes de actuación: no propio centro e na contorna do mesmo. Contacto coa colaboración do Equipo de Dinamización de Lingua galega e cos equipos docentes de infantil, primaria e secundaria, así como  do Concello de Vedra en asociacións culturais da conto do centro.

Este proxecto entronca tamén co Programa Vedra Medra que se vén desenvolvendo ao longo do curso por esta mesma profesora, que acadou o premio Antonio Fraguas como proxecto didáctico durante este curso 2016/2017. Os materiais deste programa serán expostos no Museo do Pobo Galego a partir do mes de setembro.
 
                                         Fonte: CPI DE VEDRA

VEDRA MEDRA REMATA A SÚA ANDAINA CUNHA EXPOSICIÓN NO CENTRO

VEDRA: UN PAÍS DE PALABRAS

No mes de maio,  mes das letras, chegou aplicación CPI De Vedra unha exposición fotográfica que resumía todo aquilo que levamos feito e que ven podíamos titular, seguindo a Carlos Casares, "Vedra: un país de palabras".

As palabras do territorio, os nomes dos lugares constituiron a base do noso proxecto e temos a satisfacción de achegarllelas en forma de imaxe ata o 15 de xuño ao noso profesorado en alumnado.

A partir do 1 de setembro, VEDRA MEDRA como gañador do X Edición do Proxecto Didáctico A. Fraguas pasará a expoñerse no Museo do Pobo Galega onde permanecerá ata o outono.

Ver nota da profesora Xulia Marqués
http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidevedra/system/files/noticia%20EXPO%20FOTOGR%C3%81FICA.pdf

Ver fotos+
https://goo.gl/photos/rbHVp3FFAM9SxsGM7

                                            Fonte: CPI DE VEDRA

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR DE PATINAXE EN FAMILIA 2017/2018


AQUELAS FAMILIAS QUE ECONÓMICAMENTE NON POIDAN AFRONTAR O PAGO DAS ACTIVIDADES, PODERÁN SOLICITAR UNHA AXUDA A TRAVÉS DO DEPARTAMENTO DE ASUNTOS SOCIAIS DO CONCELLO DE VEDRA. 

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR DE ROBÓTICA 2017/2018



AQUELAS FAMILIAS QUE ECONÓMICAMENTE NON POIDAN AFRONTAR O PAGO DAS ACTIVIDADES, PODERÁN SOLICITAR UNHA AXUDA A TRAVÉS DO DEPARTAMENTO DE ASUNTOS SOCIAIS DO CONCELLO DE VEDRA.