ANPA CPI VEDRA
RECORDADE: II RASTRIÑO DE SEGUNDA MAN
Xa temos doazóns para o noso posto, e aínda estades a tempo de facer a vosa. Esperámosvos o domingo día 1 de decembro no II rastriño de segunda man do Concello de Vedra.
Etiquetas:
Actos
URXENTE: MARCHA A MADRID CONTRA A LOMCE
Se queredes formar parte da "marea verde" que se manifestará contra a LOMCE o vindeiro sábado 30 de novembro polas rúas de Madrid, aínda estades a tempo de apuntarvos. Abride o pdf que vos axuntamos e informádevos mellor. O prazo para anotarse remata mañá ás sete e media da tarde. A folla de inscrición está no pdf axunto. Perdoade pola tardanza e o precipitado do asunto.
Etiquetas:
Convocatorias
,
Folga
HISTORIANA: YOUR PORTAL TO THE PAST
Aínda que está “en construción” queremos compartir con vos o portal HISTORIANA, unha excelente ferramenta educativa multimedia para aprender, ou simplemente para curiosear, na que atoparemos auténticos recursos dixitalizados, documentais e gráficos, de distintas épocas da historia europea e mundial. Unha ventana ao mundo.
![]() |
| Cliquea imaxe |
Etiquetas:
Recursos Educativos
CIRCULAR DA FEDAPAS CORUÑA SOBRE OS COMEDORES ESCOLARES
A FEDAPAS Coruña, á que pertencemos enviounos esta circular que desexamos que coñezades.
A: ANPAS FEDERADAS Circular Nº 448/13
ASUNTO: COMEDORES ESCOLARES
Prezadas/os amigas/os:
Pese á oposición da nosa organización, xa manifestada á Consellería de Educación, do que era o proxecto de decreto de comedores escolares e tamén no Consello Escolar de Galicia (representada como Federación Provincial por CONFAPA-GALICIA) cunha enmenda á totalidade do seu articulado no mes de abril, o goberno da Xunta de Galicia aproba a fináis de agosto o Decreto 08/2013 que regula o desenvolvemento dos comedores escolares.
Como sabedes, este novo decreto anula a gratuidade ao alumnado transportado e obriga a repagar un servizo que xa está pagado cos nosos impostos. Non podemos aceptar un decreto que pon en tela de xuizo a igualdade de oportunidades e a función compensatoria que ten por características, entre outras moitas, a Escola Pública.
Moitos nenos e nenas non poden na actualidade quedar no comedor polo gasto que supón ás famillias a perda da gratuidade, véndose á hora da saída do cole sen opción a comer, pero tamén sen transporte escolar que os leve a casa. ¿Qué opción teñen? ¿esperan na porta? ¿levan un “taper”?.
De estas e de outras cuestións é necesario ter datos concretos para elaborar un veraz e riguroso informe que avale o que estamos denunciando. Para iso necesitamos, coma sempre, da vosa colaboración, que consiste en que nos devolvades cuberto antes do 14 de novembro o documento que se xunta, coas cuestións que plantexamos e ao que podedes engadir o que consideredes de interés.
A Xunta Directiva da ANPA do CPI Plurilingüe de Vedra vai a respostar ao cuestionario e a apoiar en todo o que poida as accións de FEDAPAS neste asunto.
Etiquetas:
Comedor escolar
TRÍPTICO INFORMATIVO TALLER DE CREATIVIDADE
Etiquetas:
Actividades
,
Formación



+12.54.31.png)


