HOXE 31 DE XANEIRO ÚLTIMO DÍA!

MARTES 31 DE XANEIRO, ÚLTIMO DÍA QUE ESTAREMOS POLA TARDE NO LOCAL DA ANPA, COBRANDO AS CUOTAS DE SOCIO E RECOLLENDO AS FOLLAS DE INSCRIPCIÓN. HORARIO: DE 16:30 A 17:00

HOXE 31 DE XANEIRO ÚLTIMO DÍA!

HOXE MARTES 31 DE XANEIRO ÚLTIMO DÍA PARA RECUPERAR AS PRENDAS ESQUECIDAS NO COLEXIO, XA QUE NOS VINDEIROS DÍAS PROCEDERASE Á DOAZÓN DAS MÁIS ANTIGAS PARA OS NECESITADOS A TRAVÉS DALGUNHA ORGANIZACIÓN HUMANITARIA.

30 de Xaneiro de 2017

Resultado de imaxes para dia de la paz
O VENRES 27 DE XANEIRO ÁBRESE A INSCRICIÓN XERAL DOS OBRADOIROS GRATUÍTOS QUE ORGANIZA A ASOCIACIÓN SENUNPESO PARA RAPACES E RAPAZAS DE ENTRE 10 E 16 ANOS.

Música electrónica con materiais cotiáns
A partir de 11 anos // 18 de febreiro de 10:00 a 13:00 // 25 prazas // No CPI Vedra
Neste obradoiro o alumnado aprenderá a construír dispositivos electrónicos sonoros empregando materiais cotiáns ou de refugallo (como papel de aluminio, minas de lapis, cables, material electrónico rescatado de aparellos en desuso, auga salgadas, imáns...). A súa finalidade é proporcionar un marco creativo no que descubrir procesos científicos e tecnolóxicos a través da experimentación musical, os cales poderán recrear posteriormente con facilidade. Aprenderán a construír coas súas propias mans condensadores, micrófonos, resistencias e altofalantes moi básicos, así como as funcións sonoras de cada uns dos compoñentes electrónicos.

Xogando coa holografía
A partir de 10 anos // 19 de febreiro, de 10:00 a 14:00 // 15 prazas // No CPI Vedra
Neste obradoiro o alumnado verá os principios básicos da holografía e a diferenza entre a holografía real e os "efectos holográficos", que poucos saben que se inventaron hai moito tempo e tamén existen na natureza. Finalmente descubrirán como é posible converter o móbil ou a tableta nun "proxector holográfico" e aprenderán a crear a súa propia holografía.
É necesario un portátil, ademais dunha tableta ou un móbil. Se alguén non ten ordenador portátil, que non se preocupe, seguro que hai para compartir!

INSTRUCIÓNS PARA INSCRIBIRSE
-O prazo de inscrición xeral ábrese o vernes 27 de xaneiro na páxina web senunpeso.org .
-Deberase cubrir un formulario na sección correspondente ao obradoiro de interese.
-As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.
AVISO: O formulario deben cubrilo os pais ou titores legais do alumno, xa que, ademais de facilitar os datos, deberán dar permiso (ou non) para a cesión de dereitos de imaxe. Para calquera dúbida, escriban un e-mail a info@senunpeso.org.

ANÍMATE E PARTICIPA!


  A  DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS SERÁ O 17 DE FEBREIRO NA CASA DO CONCELLO.

PRÓXIMA DOAZÓN DE PRENDAS ESQUECIDAS NO CENTRO

Como consecuencia da gran acumulación de prendas abandonadas no centro polo alumnado, nos vindeiros días procederase á DOAZÓN das máis antigas para os necesitados a través dalgunha organización humanitaria.
Antes desta doazón prégase que as familias que sepan que algunhas das prendas poden ser do seu fillo/a e desexan recuperala, pasen polo centro a recollela. A data límite será o 31 de xaneiro.

DIPOÑIBLE UNHA APP DE ANDROID PARA O SEGUIMENTO DA WEB DO COLEXIO

Grazas a colaboración desinteresada de José Mejuto Porral, pai de dous alumnos deste centro, dispoñemos xa dunha aplicación (APP) para os teléfonos móbiles co sistema Android, que permite recibir un aviso das novas e comunicados importantes que vaiamos subindo á paxina web do centro. Ademais leva incluídos os números de teléfono do centro para poder marcar directamente desde a mesma aplicación.
Para descargar esta APP hai que acceder a PLAY STORE  e buscar “CPI Vedra” ou accedendo á URL de descarga dende a tenda de Google que é:
Agárdase que esta aplicación redunde nunha mellora da comunicación coas familias e resto da comunidade educativa.

DESCÁRGATE A APLICACIÓN TELEGRAM!

Resultado de imaxes para telegram


   PARA COMUNICARNOS DUNHA FORMA MÁIS DIRECTA ESTAMOS CREANDO UN GRUPO DE TELEGRAM. PARA INCLUIRTE É NECESARIO DESCARGARTE A APLICACIÓN E DAR O TEU CONSENTIMENTO NA FOLLA DE INSCRIPCIÓN DE SOCIO.