CONFAPA-GALICIA PROMOVEU A CAMPAÑA CONTRA O CAMBIO DE LIBROS DE TEXTO QUE IMPLICABA A LOMCE

No marco da campaña iniciada pola Federación de ANPAS á que pertencemos, a ANPA do CPI de Vedra solicitou un Consello Escolar Extraordinario que tivo lugar o pasado 13 de marzo e no que se adoptaron as seguintes resolucións:


EN PONTECESO OS MANUAIS ESCOLARES SEGUEN A SER GRATUITOS

Achegámosvos un artigo no que se explica o sistema de préstamo de libros implantado nun IES de Ponteceso sobre cuxo desenvolvemento e eficacia deberiamos reflexionar.


AS REVÁLIDAS NA LOMCE, OU COMO SEGREGAR O ALUMNADO

Xosé Ramos Rodríguez, membro de Nova Escola Galega, analiza no Patio das Ideas, o blog sobre educación de Praza Pública, as consecuencias que para o alumnado, o profesorado e o sistema educativo no seu conxunto terá o regreso dos exames de reválida ao final de cada etapa.


TEATROFILIA

Mañá comeza como un ano máis unha nova edición de Teatrofilia: XI Mostra de Teatro Amador de Vedra que terá lugar os próximos catro fins de semana na Casa da Terceira Idade de Vedra. Tedes máis información no cartel promocional que podedes ver debaixo destas liñas. Animádevos a acercarvos ca familia e facer algo distinto.


QUE TIPO DE NAI OU PAI ERES?

Qué tipo de nai ou pai eres?

Se queres saber máis: enlace ao blog  http://fracasoacademico.wordpress.com

TRES ACCIÓNS SINXELAS PARA MELLORAR A EDUCACIÓN: XOSÉ MANUEL DOPAZO EN TEDx

O TEDx é un programa de conferencias locais creado para difundir as ideas que merecen ser coñecidas, un espazo no que compartir abertamente diferentes puntos de vista, conforme se di na súa web. 
Os que asistimos ao 2º Encontro da Comunidade Educativa puidemos gozar coas ideas de Xosé Manuel Dopazo arredor do traballo por proxectos e da creatividade na educación, coa súa exposición clara, rigorosa e cargada de sentido común. Agora, presentámosvos a súa charla no TEDx, din os organizadores destas conferencias que provoca "unha reflexión acerca dos contidos dos debates sobre educación e conclúe con tres accións sinxelas que realmente mellorarían a educación". 
Tamén din que Xosé Manuel Dopazo é profesor de Lingua e Literatura e Director do IES Maruxa Mallo pero, para nós, é algo máis: é un exalumno deste Colexio Público de Vedra, un veciño e un amigo do que sentirse orgullosos. 
Polo moito que sabe de educación, e polo ben que o conta, aos da ANPA parécenos a mellor maneira de celebrar as 10.000 visitas ao noso blog porque, ademais, hai un mensaxe para nós, nais e pais.


ANTONIO VÁZQUEZ UN MESTRE UNINDO Á PARROQUIA EN COS PÉS NA TERRA

"Non podedes preparar aos vosos alumnos para que constrúan mañán o mundo dos seus soños, se vos xa non credes neses soños; non podedes preparalos para a vida, se non credes nela; non poderiades amosar o camiño, se vos sentastes, cansados e desalentados na encrucillada dos camiños".
Celestin Freinet, autor deste parágrafo, estaría honrado de coñecer ao mestre de Sarandón porque coa súa entrega e a súa paixón logra xunguir os intereses das nenas e nenos cos da escola e o seu contexto, e preparaos para pensar por si mesmos e para soñar.
A nós non facía falla que nolo contaran na Televisión de Galicia, somos os seus alumnos e alumnas, os seus veciños e amigos, pero queremos que permanezan estas imaxes no noso blog como recoñecemento a un mestre.
No seguinte enlace podedes ver o programa integro a partires do minuto 34:00.


OS PROXECTOS DE TRABALLO E A CREATIVIDADE: DOCE REFLEXIÓNS

Para os que non puidestes asistir as charlas sobre o fomento da creatividade no ensino público, poñemos ao voso dispor este documento elaborado por José Manuel Dopazo con algunhas reflexións que, cremos, invitan a pensar e a coñecer máis sobre un tema ao que os pais e nais debemos estar atentos.