Misión e valores da ANPA do CPI de Vedra

Se pinchas en "máis información" poderás acceder a un resumo do Plan Estratéxico que a directiva da ANPA presentará para a súa aprobación na próxima Asemblea Extraordinaria. Esperamos as vosas opinións, suxerencias e aprobación final, se así o consideramos a maioría.


SÚMATE Á ANPA QUE FAI COLEXIO, TÍ DECIDES!

E tí, qué queres para este colexio? Qué estás dispost@ a facer? Qué debemos facer polo ben da educación dos nos@s fill@s? Súmate, nós decísmoche o que facemos e o que queremos no seguinte documento. Necesitámoste soci@, temos que facer un colexio mellor para os nosos fillos e fillas.Tí decides!

Escola de Pais e Nais o 1 de Xuño de 2012

Mámen, a Educadora Social do Concello de Vedra, envíanos esta interesante proposta aberta á participación das nais e pais do CPI de Vedra e de Ortigueira. Qué facemos os pais e nais ante as redes sociais? Charla na Biblioteca Municipal o 1 de xuño ás 20.30 hrs.

Universidade de pais

Este é o enlace a un proxecto pedagóxico dirixido por José Antonio Marina para colaborar cos pais e nais durante todo o proceso educativo dos fillos. A idea fundamental do proxecto é que toda a sociedade debe axudar na tarefa. Estas son as verbas da introduccíón a web do proxecto, paga a pena darlle unha ollada.
http://www.universidaddepadres.es/

Educación infantil

    Estaría moi ben que os que coñezades sitios na rede con interese para a formación da comunidade educativa, especialmente dos nosos fillos, claro está, os achegarades a este blog para ilo enriquecendo entre todos. Agradecidos de antemán.
Agora deixámosvos o enlace a outra páxina que pode ser de interese para os pais con fillos máis pequenos. Guía infantil.  A educación dos máis pequenos

Para aprender inglés con todos os sentidos

Dentro do link que tedes a dereita da pantalla "Todo para a aprendizaxe de idiomas" podedes atopar centos de páxinas que facilitan a aprendizaxe de diversas linguas. Unha desas páxinas interesantes é a deste diccionario visual de inglés. Diccionario de inglés visual e auditivo