NOTA DE PRENSA CONFAPA-GALICIA 23/11/2015
O 25 de novembro de 2015, ás 20/20:30 horas, o Movemento Feminista Galego convoca concentracións e manifestacións nas principais cidades de Galicia* con motivo do “DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO” para esixir que a loita contra a violencia machista sexa unha Cuestión de Estado.
A Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos, (CONFAPA-GALICIA), como colectivo que representa ás familias da escola pública galega e defende a igualdade e o respecto aos dereitos e liberdades fundamentais de toda a cidadanía así como os valores de solidariedade e tolerancia, adhírese a esta movilización cívica e xunto ás súas organizadoras invita a toda a sociedade civil a que se sume á mesma xa que a erradicación da violencia machista e a violencia cara ás mulleres é unha cuestión que involucra a toda a sociedade.
23 de novembro de 2015
Área de Comunicación e Publicacións
XUNTA DIRECTIVA.
*Manifestacións:
- COMPOSTELA, 20:30 h: desde a Praza 8 de Marzo.
- VIGO, 20:00 h: desde a Farola de Urzáiz.
*Concentracións:
- A CORUÑA, 20:00 h: Obelisco.
- NARÓN, 20:00 h: Praza da Gándara.
- OURENSE, 20:30 h: Praza do Ferro.
- PONTEVEDRA, 20:00 h: Praza da Peregrina.
No hay comentarios :
Publicar un comentario