Dende a ANPA "A Boca" gustarianos convidar a tod@s @s que queiran asistir a unha tarde de maxía, á actuación de O Gran Pedrini este xoves 18 de decembro ás 15:30 horas no Centro da Terceira Idade. Un plan perfecto para unha tarde distinta en familia. VEMONOS ALÍ!!!
Martes, 08 de abril de 2025
ANPA CPI VEDRA




dic162014
dic122014
2ª CAMPAÑA CAPTACIÓN SOCI@S E SEGURO ESCOLAR
SÚMATE Á ANPA, cada PAI e cada NAI somos IMPRESCINDIBLES
- Ata o día 18 de decembro estará aberto o prazo de inscrición.
- Para facerte socia/o da ANPA "A BOCA" só tes que ingresar ou transferir 15 € (cota por curso e familia) ó número de conta de ABANCA ES93 2080 0320 2230 4000 2641, e entregar a ficha de inscrición que acompaña a esta comunicación, debidamente cuberta, na conserxería do colexio.
- No concepto de ingreso indicaremos: nome do proxenitor/cota 2014-2015.
- Se prefires pagar en efectivo porque o teu banco cobra polas transferencias, podes atoparnos o mércores 17 e o xoves 18 de decembro no local da ANPA do colexio, de 16:30 a 17:00, ideal para facelo antes de recoller os nenos.
- Se o desexas tamén podes contratar connosco o Seguro Escolar que ofertamos todos os anos por un precio de 13 euros por ano e alumno para soci@s e 15 euros para non soci@s. Dispoñedes das coberturas e demáis información sobre o seguro pinchando no seguinte enlace: Póliza Seguro Escolar.
- Cantos máis socios sexamos, máis recursos, ideas e proxectos pódense poñer en marcha dende a nosa asociación. Poderemos facer máis eventos educativos nos que coñecernos todos e integrar mellor a toda a comunidade educativa, pais e nais, docentes, alumnos e todo o colectivo que directa ou indirectamente colabora ou traballa no noso colexio.
Etiquetas:
Convocatorias
,
Inscrición
,
Seguro Escolar
,
Socias/os
dic032014
VI SEMINARIO-OBRADOIRO INTERNACIONAL DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS
A ANPA "A Boca" do C.P.I. Plurilingüe de Vedra está a colaborar na organización do "VI SEMINARIO-OBRADOIRO INTERNACIONAL DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS" co título "A EDUCACIÓN E OS MATERIAIS DIDÁCTICOS EN FINLANDIA: QUE PODEMOS APRENDER?" promovido entre outros pola Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela.
Dito seminario-obradoiro temos o privilexio de que se celebrará en Vedra en febreiro do ano que ven no que vamos ter a oportuidade de escoitar de primeira man as experiencias dun profesor finlandés sobre un dos mellores sistemas educativos do mundo. Ademáis de debatir sobre que podemos aprender de Finlandia e que podemos mellorar na nosa comunidade educativa, teremos a oportunidade de participar en distintos obradoiros nos que poderemos aprender entre outras cousas a analizar os contidos dos libros de texto e materiais didácticos dos nosos fillos, ou como educalos no uso de novas tecnoloxías para evitar problemas de socialización e adicción.
O seminario-obradoiro, totalmente en español, está orientado para toda a comunidade educativa. Dende a ANPA gustarianos promover a participación de todos os pais e nais que o desexen xa que consideramos de gran importancia que os pais e nais adquiran unha visión crítica na educación de seus fillos.
Para máis información podedes acceder ós seguintes enlaces:
Documentación de interese:
Etiquetas:
Actividades
,
Formación
,
Inscrición
,
Recursos Educativos