Mobilización en Defensa do Ensino Público

Prezados/as amigos/as:
Xuntamos comunicado de CONFAPA-GALICIA relacionado coas mobilizacións convocadas polos estudantes para esta semana
CONVOCATORIA DE MOBILIZACIÓNS EN DEFENSA DA ESCOLA PÚBLICA
A semana de loita convocada polo Sindicato de Estudantes a nivel estatal, entre os días 4 e 9 de febreiro, conta co apoio da Plataforma Estatal por la Escuela Pública e, polo tanto, de todas as organizacións que a integran, entre elas, a nosa confederación estatal CEAPA, (Confederación Española de Asociaciones de Madres y Padres de Alumnos). Sobre a base diso, CEAPA emitíu un comunicado que indicaba o seguinte:
“CEAPA, comparte os argumentos e razóns expresadas polo Sindicato de Estudantes para realizar a súa convocatoria de folga para os dias 5, 6 e 7 de febreiro de 2013, e avalará, durante esa semana de loita, as expresións de protesta que no marco desa mobilización se convoquen, tales como concentracións, manifestacións, etc.
CEAPA, aínda que é consciente de que o momento actual esixe unha mobilización sostida contra os ataques que sofre a educación pública e despois de decidir non convocar nesta ocasión folga de nais e pais, non descarta esa posibilidade no futuro”.
De igual forma, a Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, tamén respalda a semana de movilizacións convocada. Entre os seus componentes, como é sabido, forma parte CONFAPA-GALICIA, que comparte o posicionamiento da CEAPA e o apoio de toda a Comunidade Educativa integrada en ambas dúas plataformas, tanto a nivel estatal como a nivel galego.
Por todo o anterior, CONFAPA-GALICIA avala a movilización do alumnado galego e formará parte das mobilizacións convocadas, especialmente, nas manifestacións convocadas en diferentes ciudades de Galicia para a tarde do día 7.
Por outra parte, CONFAPA-GALICIA avala completamente a decisión de CEAPA de non convocar folga de nais e país nesta ocasión.
MANIFESTACIÓNS DE ALUMNOS, NAIS E PAIS E PROFESORES. (XOVES, 7 DE FEBREIRO)
• • • •
A CORUÑA: 19:00 h., Praza da Palloza. 
SANTIAGO: 19:00 h., Alameda. 
FERROL: 19:00 h., Praza de España, (Edificio da Xunta). 
VIGO: 20:00 h., Vía Norte.



No hay comentarios :

Publicar un comentario