SEGURO ESCOLAR 2012-2013
Luns, 07 de abril de 2025
ANPA CPI VEDRA




nov292012
nov282012
Participación no "Rastrillo de 2ª Man"
O "Rastrillo" de 2ª Man organizado polo Concello de Vedra contará cun posto da nosa ANPA. A nosa participación, en colaboración co CPI de Vedra, ten un enfoque solidario e participativo, onde todo o alumnado e as familias poden participar para axudar a recadar fondos para a FUNDACIÓN ANDREA.
nov122012
Documentos da Alianza Social Galega e da CONFAPA
Manifesto e Declaración de apoio á Folga Xeral do 14 de novembro da Alianza Social Galega.
A Xunta Directiva da ANPA do CPI de Vedra desexa trasladarlle ás nais e pais do alumnado deste centro os seguintes documentos:
- Manifesto da Alianza Social Galega, da que forma parte a CONFAPA (Confederación de Asociacións de Nais e Pais á que a nosa ANPA pertence).
- Declaración de apoio á Folga Xeral do 14 de novembro remitida pola CONFAPA.
Todos estes
documentos achéganselle ás socias e socios da ANPA do CPI de Vedra en cumprimento dun
compromiso informativo que a súa Xunta Directiva vén mantendo coas e cos
asociadas/os no seu ámbito de responsabilidade.
nov122012
Resposta da Presidenta da CONFAPA
Como sabedes, no mes de outubro pasado enviámoslle á presidenta da CONFAPA unha copia do acordo asembleario desta ANPA, no que se manifestaba a posición da mesma ante o uso dos libros de texto e os recortes no ensino público. Esta é a resposta de Helena Gómez, presidenta da CONFAPA.