ÚLTIMO DÍA!!!

Lembrade que hoxe ás 24 horas remata o prazo para poder facerte soci@ da ANPA A BOCA ou para contratar o noso Seguro Escolar. Se fixéchedes o pago ou aínda o ides facer esta fin de semana, poderedes entregar a ficha de inscrición na conserxería do CPI de Vedra durante toda a semana que ven.
Moitas grazas a tod@s @s que xa vos fixechedes soci@s e lembrade que con isto estades apoiando unha iniciativa seria e necesaria.

ACLARACIÓN CAMPAÑA CAPTACIÓN SOCI@S ANPA

Estimad@s amig@s,

debido a unha consulta que recibimos de parte dunha nai do CPI gustarianos aclarar o seguinte:

TANTO A COTA DE SOCI@ COMO O SEGURO ESCOLAR DA ANPA A BOCA TEÑEN QUE RENOVARSE ANUALMENTE. POLO TANTO, AÍNDA QUE FORADES SOCI@S E TIVERADES O SEGURO O CURSO PASADO ESTE CURSO TEDES QUE VOLVER A PAGAR A COTA OU O SEGURO PARA PODER SEGUIR BENEFICIANDOVOS DOS NOSOS SERVIZOS.

Lembrade que tedes ata o domingo 8 ás 24 horas para facer os pagos correspondentes se desexades ser soci@s ou o seguro para este curso 2015-2016. As fichas poderanse entregar se o desexades na semana seguinte, pero sempre e cando estea feito o pago antes do día oito.
Sen máis, adxuntamosvos a ficha de inscrición, aínda estades a tempo de participar nun proxecto serio e necesario.

Saudos.

INSCRICIÓN SOCI@ + SEGURO + ACTIVIDADES 2015-16

A partir de hoxe e ata o domingo 8 de novembro ás 24 horas podes facerte soci@ da ANPA "A BOCA" do CPI de Vedra. Se o desexas tamén podes contratar o Seguro Escolar que ofertamos ou beneficiarte das nosas Actividades Extraescolares. Se estas interesad@ so tes que visitar o noso blogue e entrar no apartado ISCRÍBETE, aquí poderas atopar toda a información e documentación necesarias.
 
COLABORA CUN PROXECTO SERIO E NECESARIO PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA DE VEDRA!!!


Cal é o principal obxectivo da ANPA?

Contribuír, na medida das nosas responsabilidades, á formación do alumnado e ao bo funcionamento do C.P.I. Plurilingüe de Vedra. Nesta tarefa, cada nai e cada pai somos imprescindibles.

Qué fai?
  • Vela polo bo estado das infraestruturas educativas, e o funcionamento axeitado dos servizos complementarios (comedor, transporte…).
  • Presta apoio ao alumnado, e as súas familias, en todo o relacionado coas necesidades educativas e coa asistencia ao centro (seguro escolar, Banco de Libros, chándal…).
  • Tenta chegar a convenios e acordos para lograr, para @s nos@s soci@s, un mellor prezo en materiais de uso común do alumnado, dende material escolar ata, por exemplo, gafas ou outros servizos e produtos. 
  • Mantén un blogue de comunicación das actividades da ANPA, e aporta materiais para a reflexión, o debate e a formación. 
  • Defende os intereses de nais e pais no Consello Escolar. 
  • Colabora nas campañas educativas do Centro (excursións, festivais, xornadas formativas…).

Qué fixemos ata o de agora?
  • Colaboración con causas solidarias: Fundación Andrea, Todos con Xose Manuel....
  • Xestión de material escolar para familias en risco de exclusión social, en colaboración coa Fundación La Caixa. 
  • Banco de Libros de texto. 
  • Obradoiros varios, así como actuacións para os festivales de Nadal. 
  • Xornada arredor dos problemas educativos, encontros da Comunidade Educativa, nos que participan diversos profesionais. 
  • Colaboración coas Xornadas Pedagóxicas, evento de carácter internacional que se leva a cabo no noso colexio. 
  • Outros proxectos de economía local arredor da comunidade educativa, como o chándal de Vedra ou outros convenios que estamos a levar a cabo para aforrar cartos @s nos@s soci@s. 
  • Facemos moitas outras cousas. Se queres saber máis non te olvides de visitar o noso blogue.

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

A Xunta Directiva da ANPA “A Bóca” do CPI Plurilingüe de Vedra convoca a unha Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as coa seguinte

ORDE DO DÍA

1- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2- Lectura e aprobación, se procede, do estado de contas da ANPA.
3- Exame da memoria de actividades do curso anterior e aprobación, se procede, da xestión da Xunta Directiva.
4- Información e aprobación, se procede, do programa de actividades para o presente curso, e recollida de suxestións para o desenvolvemento destas e doutras que poidan ser solicitadas.
5- Acordo, se procede, sobre as cotas de socios/as para o presente curso.
6- Rogos e preguntas.

1º convocatoria: 20:30 hrs.
2º convocatoria: 20:45 hrs.
DATA: venres 25 de setembro de 2015.
Lugar: Casa do Antigo Xulgado de Vedra (fronte á farmacia de Vedra).

A Xunta Directiva


Lugar da Asemblea

OS AXÓUXERES


Este fin de semana chega a Vedra o novo espectáculo da Rede de Dinamización Lingüística, Os Axóuxeres. Trátase dunha actividade orientada para nenas e nenos de ata 6 anos que gozarán dun escenario cheo de música, xogos e palabras.
Terá lugar no Museo Paz Camps de San Fins de Sales o sábado 26 de setembro ás 12:00 horas.
A entrada é de balde, pero con reserva previa ata completar aforo. O prazo de reserva comezou este luns e podedes facela chamando ó 697 363 089 de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas.
ANIMÁDEVOS!!!

ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS 2015-16

Como todos os anos o Concello de Vedra oferta o seu programa de actividades culturais e deportivas para esta nova tempada. Dende a ANPA A Bóca estamos totalmente comprometidos e concienciados ca cultura e o deporte, e máis aínda en idade escolar, e gustaríanos animarvos a que tanto nen@s como nais e pais participedes en ditas actividades.

O prazo de inscrición remata o día 30 deste mes de setembro.

Para as actividades culturais xa está o prazo aberto dende o día 10 deste mes e podedes formalizar a inscrición poñéndovos en contacto:

- A través do enderezo electrónico: cultura@concellodevedra.com.
- A través do teléfono 981 814 691.
- Ou no propio departamento de cultura.

Para inscribirse nas actividades deportivas teredes que agardar ata o día 22 de setembro e poderedes facelo no pavillón municipal.
 
Para máis información podedes revisar o programa completo no seguinte enlace: