GRADUACIÓN ESO

Alá no 2001 nacían uns nenos que viñan vivir a Vedra, algúns xa hai 13 anos que levan no noso colexio, outros entraron mais tarde procedentes do CRA ou do noso compañeiro o colexio de Ortigueira..... grazas a 13 anos de dedicación hoxe eses nenos/as finalizan o ensino secundario obrigatorio no noso centro educativo, felicidades rapaces, seguide estudando, que a época de crise que vivimos non vos desanime en seguir a vosa formación, nunca ter estudos superiores foi negativo.... Lembrade que o que fagades nos próximos 10 anos pode marcar o resto das vosas vidas.

Esperámosvos de volta no centro, xa non como alumnos, se non como pais de alumnos. Grazas por formar parte da historia do CPI de Vedra

Un abrazo, a Xunta directiva da ANPA


No hay comentarios :

Publicar un comentario