FOTOS DE ACTOS DE FIN DE CURSO SECUNDARIA

PROGRAMA FIN DE CURSO DE SECUNDARIA DO C.P.I DE VEDRA

Como xa sabemos todos este pasado Xoves 23 de Xuño, os alumnos de secundaria acababan o colexio coas vacacións do vrao. Alguns continuaran e outros definitivamente deixan o colexio. Fixemoslle un pequeno Festival onde a programación foi a seguinte:

- 09.30 h: ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO PATIO DO COLEXIO

- 11.00 H: NA CASA DA TERCEIRA IDADE

- Actuación da Aula de Teatro do C.P.I de Vedra: UTOPIA 94
- Actuación de BEA e MANUEL
- Entrega de premios
- Entrega das Orlas ao alumnado de 4º ESO
- Homenaxe e recoñecemento ás profesoras Dña Fina, Dña Lourdes
- Actuación do grupo Folklórico Alumnos CPI de Vedra

- 13.45 h: van o comedor

E por último as 14.45 h saída nos autobuses para as casas. Ata ó luns 27 de Xuño que terán que ir a buscalas notas. FELICIDADES A TODOS OS ALUMNOS QUE APROBARON E CAMBIAN DE CURSO, FELICIDADES OS ALUMNOS QUE APROBAN E DEIXAN O COLEXIO PARA SEGUIR CON OUTRAS ACTIVIDADES NA SUA TRAXECTORIA DE VIDA, e decirlle ós que repitan que non se desanimen que sigan loitando, non está todo acabado por non haber chegado. FELICIDADES.

FOTOS DE ACTOS DE FIN DE CURSO DE INFANTIL Y PRIMARIA

PROGRAMA DE FIN DE CURSO DE PRIMARIA E INFANTIL

Como todos sabedes este martes 21 de Xuño celebramos cos cativos de Primaria e Infantil no C.P.I de Vedra a festa de de Fin de Curso. O programa consistía en face os seguintes actos:

- As 15.30 h no centro da 3ª Idade, a actuación do mago Benxamin, a despedida do profesorado de infantil e primaria por parte dos alumnos e despois homenaxe e recoñecemento polos anos de ensinanza no C.P.I de Vedra a Dña. Carmen, Dña. Elisa e a Dña. Victoria, entrega de agasallos e actuacións por parte dos alumnos e un agasallo de recordo por parte da ANPA en nome de todolos pais do colexio.

- As 17.30 h póñense os hinchables no pabellón de deportes para que os cativos poidan disfrutar xogando e acompañamolos dunha merenda, organizado pola xunta da Directiva da ANPA.

E as 18.30 h os nenos despois de disfrutar dos actos acompañados polos seus pais, collen o autobú de volta para a casa e para o día seguinte vir o colexio a buscalas notas. E agora quedalles disfrutar das vacacións do vrao que as teñen ben merecidas. DISFRUTADE DELAS PEQUENOS QUE PARA O ANO RETOMAMOLO CURSO.