ATENCIÓN!!! RECOLLIDA DE VALES DE AXUDA PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

AUNQUE A RECOLLIDA DOS VALES ESTABA PREVISTA A PARTIR DO LUNS 17 DE XULLO, OS TRÁMITES SE AXILIZARON E O COLEXIO COMEZÓ A CHAMAR AS CASAS, PARA QUE PAIS/NAIS PASEN A RECOLLAER OS VALES TANTO PARA LIBROS DE TEXTO COMO PARA O MATERIAL ESCOLAR.

ESTAR PENDENTES!!!

LIBROS DE TEXTO 2017-2018

Nos seguintes enlaces pódense consultar as listas de libros de texto para o curso 2017/18.
Lembramos que a partires de mediados de xullo saírán publicadas as adxudicacións de libros do Fondo Solidario para os cursos desde 3º de Primaria ata 4º de ESO.
A partires do 17 de xullo poderán recollerse os vales de libros (1º-2º Primaria) e vales de material por aqueles solicitantes con dereito ao mesmo.
MATERIAL COMPLEMENTARIO:
FONTE: CPI DE VEDRA

CAMELIAS PARA ROSALÍA

Aquí tendes unha serie de vídeos feitos polo alumnado de ESO co gallo da celebración das "Xornadas arredor das Camelias"

TÓDOLOS VIDEOS NA SEGUINTE LIGAZÓN


FONTE: CPI DE VEDRA

ACTIVIDADE FINAL VEDRA MEDRA: RUTA A PÉ POLA VÍA DA PRATA



Alumnado de 1º e 2º de ESO fixeron a pé á vía de peregrinación cara a Compostela coñecida como a Vía da Prata ou Camiño do Sueste. Comezamos a ruta xacobea por terras de Vedra na Ponte Ulla e finalizamos no santuario do Santiaguiño, na parroquia de San Pedro de Vilanova.
Completamos esta xornada de xuño cuns xogos de pistas que levaron os rapaces e rapazas de 1.º e 2.º de ESO a percorrer distintos puntos de San Pedro de Vilanova na procura dunha mensaxe secreta directamente relacionada co que podemos ler na fonte do Santiaguiño.
FONTE: CPI DE VEDRA

ANTONIO REIGOSA PECHA "VEDRA DE LENDA" DO VEDRA MEDRA



O colofón á sección Vedra de lenda do proxecto VEDRA MEDRA foi a visita dun dos grandes coñecedores e divulgadores da nosa literatura oral tradicional, Antonio Reigosa.

Tivo un encontro co alumnado de 1º ESO na Biblioteca Municipal.



FONTE: CPI DE VEDRA

FESTA DE FIN DE CURSO DOS ALUMNOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL


TÓDALAS FOTOGRAFÍAS NA SEGUINTE LIGAZÓN

http://pequenosdevedra.blogspot.com.es/2017/06/festa-fin-de-curso.html

FONTE: PÍCAROS DE VEDRA


EXCURSIÓN AQUADPARK DE CERCEDA!!!



O VENRES 21 DE XULLO EXCURSIÓN AO AQUADPARK EN CERCEDA

PREZO 10€ QUE INCLÚE TRANSPORTE E ENTRADA

REQUISITOS: SABER NADAR
OS MENORES DE 13 ANOS DEBEN IR ACOMPAÑADOS/AS

TODA A INFORMACIÓN E INSCRICIÓN:

981 814 691

cultura@concellovedra.com

FONTE: CONCELLO DE VEDRA


ULTIMAS PRAZAS PISCINA CLIMATIZADA


Temos libres dúas prazas no turno dos luns (as 16.15) e unha no turno dos mércores (tamén as 16.15) 

Corre!! Ainda estás a tempo!!