FICHA DE INSCRICIÓN SOCIOS DA ANPA DO CPI DE VEDRA PARA O CURSO 2018-2019





ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN
PARA SOCIOS DA ANPA DO CPI DE VEDRA
ATA O 15 DE DECEMBRO.

PARA OS/AS PAIS/NAIS INTERESADOS EN FACER O PAGO EN EFECTIVO, ESTAREMOS NO LOCAL DA ANPA OS DÍAS 29 DE NOVEMBRO E 4, 11 E 13 DE DECEMBRO.


MENÚ MES DE XUÑO DE 2018



Ricardo Varela, guía na visita aos xardíns do Pazo de Ortigueira

O arquitecto Ricardo Varela serviunos de guía no pazo vedrés de Ortigueira, en Santa Cruz de Ribadulla, o pasado 24 de maio.A esta saída didáctica precedéraa unha charla divulgativa no centro.O alumnado de 1.º da ESO, que participa activamente no proxecto Vedra medra co feitizo do Camiño, tivo ocasión de acceder pola porta norte e cruzar cara ao pazo os camiños bordeados de retículas de oliveiras.

FONTE: CPI DE VEDRA

VIAXE A MADRID - 6º PRIMARIA 2018

No seguinte enlace podedes ver as fotos da viaxe fin de etapa realizada polo alumnado de 6º de Primaria a Madrid. Na mesma estiveron acompañados polas súas profesoras Nuria, Fiorella e Conchi.
FONTE: CPI DE VEDRA

RadioVedra comeza a súa andaina

RadioVedra, a canle radiofónica que nace ao abeiro do proxecto Radio na Biblio, inicia a súa andaina cunha entrevista ao profesor de Bioloxía Xosé Palacio, que fala con nós da súa traxectoria educativa e os recordos que lle quedan do noso centro.
A esta entrevista seguiranlle outros programas que iremos publicando pouco a pouco.
Entrevistan as alumnas de 4ºESO Uxía Segade, Noelia Seijas e Paula Vázquez; aos mandos técnicos, David Freire.

Pódese escoitar a entrevista en calquera destas ligazóns:
FONTE: CPI DE VEDRA


FONDO SOLIDARIO / AXUDAS LIBROS TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL

Aberto o prazo para participar no FONDO SOLIDARIO de Libros de texto(3º/4º/5º/6º de Primaria e 1º/2º/3º/4º de ESO), AXUDAS para adquirir libros de texto (1º/2º Primaria) e AXUDAS para material escolar (Todo Primaria e ESO)
Prazo: Ata o 22 de xuño de 2018 (incluído)
 Para calquera dúbida poden dirixirse á Secretaría do centro.
FONTE: CPI DE VEDRA

CELEBRAMOS A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Con motivo da semana das Letras Galegas desenvolvéronse variadas actividades que se centraron particularmente en homenaxear a autora Mª Victoria Moreno.
Destacamos en primeiro lugar a actividade "MULLERES QUE CONTAN" que se celebrou na Biblioteca Municipal, á que asistiu o alumnado de 1º de ESO o día 14.
O día grande foi o venres 18, no que desde as 12.30 ata as 14:00 horas se desenvolveron variadas actuacións no patio cun fio condutor: a autora homenaxeada.
FONTE: CPI DE VEDRA

PUBLICACION DAS LISTAXES DEFINITITVAS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2018/2019

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS NO PROCESO DE ADMISIÓN
ALUMNADO ADMITIDOS RESERVA CENTROS ADSCRITOS
Normativa de referencia.
Prazos:
  • Prazo de admisión: do 1 ao 20 de marzo
  • Prazos de matrícula:
    • INFANTIL E PRIMARIA: do 20 ao 30 de xuño
    • SECUNDARIA: do 25 de xuño ao 10 de xullo
 FONTE: CPI DE VEDRA

17 DE MAIO DIA DAS LETRAS GALEGAS!!!


O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018 ESTÁ DEDICADO A 
 MARÍA VICTORIA MORENO MARQUEZ

Aínda que ela afirmaba que viñera ao mundo en 1941, seguramente para facer cadrar a súa idade coa das compañeiras de bacharelato elemental en Barcelona, a verdade é que Ana María Victoria Moreno Márquez naceu en Valencia de Alcántara (Cáceres) o 1 de maio de 1939.
Esta pontevedresa de adopción chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, e axiña asumiu a cidadanía en galego, a lingua que escolleu tanto para as súas obras narrativas infantís e xuvenís como para os seus estudos literarios, o ensaio, a poesía e a didáctica da lingua e da literatura galegas. Isto permítenos definila como "galega de elección".
Eu non son alófona porque o que practico, se é que escribo, podería definirse coma unha amorosa autofonía […]. A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor”, declaraba María Victoria Moreno, en 1993, no congreso Poetas Alófonos en Lingua Galega.
En 2018 é a figura protagonista do Día das Letras Galegas e isto convértea na cuarta muller -tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño- que leva ese recoñecemento na historia da celebración.

XORNADA PREVENCION DE CONDUTAS DE RISCO NA ADOLESCENCIA - 3º e 4º ESO

O CPI Plurilingüe de Vedra participou nunha xornada do Programa "Ktorce-18" con alumnado de 3º e 4º de ESO. Foi impartida pola Fundación Arela, sobre contidos relacionados coa Lei do Menor e a súa relación con condutas de risco na adolescencia e a súa prevención.


FONTE: CPI DE VEDRA

CIBERMANAGERS POLA IGUALDADE. 3º ESO - 6º PRIMARIA

O alumnado de 3º de ESO e o  de 6º de Primaria participaron no Programa "CIBERMANAGERS POLA IGUALDADE". Este programa promovido pola Secretaria Xeral de Igualdade e coordinado polo Departamento de Orientación do CPI, contou coa intervención dunha especialista da Asociación Pantallas Amigas que impartiu os cursos.
O proxecto baseado na aprendizaxe servizo solidario a través do cal,  o alumnado maior do centro é capacitado para converterse en referente dos seus compañeiros e compañeiras máis xóvenes no uso seguro e saudable das novas tecnoloxías, mentras adquiren competencias curriculares e potencian as suas habilidades para a vida diaria.
Houbo unha xornada inicial de formación conxunta para todo o alumnado de 3º ESO. Na segunda e treceira xornadas voluntarios de 3º de ESO profundizaban para converterse en "cibermanagers da igualdade", e asi facer unha ultima xornada para o alumnado de 6º de Primaria.
Ademais houbo unha xornada informativa cos pais e nais do alumando de 6º de Primaria.
FONTE: CPI DE VEDRA

O CPI de Vedra participa no Correlingua 2018

Setenta e seis rapaces e rapazas de 1.º e 2.º da ESO participaron o día 7 de maio na edición do Correlingua en Santiago de Compostela.
Convocados baixo o lema "A lingua non para", acudimos á cidade compostelá cunha reinterpretación en clave local. Para iso, axudámonos da imaxe da Ponte do Gundián, que escollemos de fondo, e dun lema propio "Non a deixes caer". 
FONTE: CPI DE VEDRA

3º E 4º DE PRIMARIA PERCORREN UN TREITO DO CAMIÑO DA SANTIAGO

O ARQUITECTO RICARDO VARELA VISITA O CPI DE VEDRA

O 2 de maio acompañounos o arquitecto Ricardo Varela para falarnos dos xardíns históricos como patrimonio cultural e, en particular, da configuración do do pazo vedrés de Ortigueira (Santa Cruz de Ribadulla). A charla estivo dirixida ao alumnado de 1º ESO.
FONTE: CPI DE VEDRA


MENU MES DE MAIO DE 2018!!!




VIAXE A LONDRES DO ALUMNADO DE 4º ESO

Desde o mércores 2 de maio o alumnado de 4º ESO do CPI Plurilingüe de Vedra realiza a viaxe fin de estudos de Secundaria á cidade de Londres. A viaxe durará ata o Domingo 6 de maio.
No seguinte enlace podes seguir a viaxe a través das fotos que nos envían.

FONTE: CPI DE VEDRA

ALUMNADO DE 2º ESO VISITA LUGO

O pasado martes 24 de abril o alumnado de 2º de ESO realizou unha completa visita á Cidade de Lugo. A visita estivo centrada no percorrido histórico pola cidade: Museo Arqueolóxico Provincial, ventanas arqueolóxicas con restos romanos, catedral, centro de interpretación e paseo pola muralla.
A saída didáctica está incluída na programación de actividades complementarias do Departamento de Xeografía e Historia.
FONTE: CPI DE VEDRA

ALUMNADO DE 3º ESO VISITA O PARLAMENTO, A CATEDRAL E AS RÚAS DE SANTIAGO.

2º ESO NO SANTIAGHIÑO POLO PROGRAMA VEDRA MEDRA CO FEITIZO DO CAMIÑO

O alumnado de 2.º da ESO realizou o pasado día 3 de abril unha saída a San Pedro de Vilanova (Vedra), O Santiaguiño do Monte (Padrón) e o Museo das Peregrinacións (Santiago de Compostela)
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, dentro do programa Vedra medra co feitizo do Camiño e o Departamento de Xeografía e Historia promoveron esta saída didáctica que comprende tres centros de interese.
FONTE: CPI DE VEDRA

PUBLICACION DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2018/2019

LISTAXES PROVISIONAIS ADMITIDOS NO PROCESO DE ADMISIÓN
ALUMNADO ADMITIDOS RESERVA CENTROS ADSCRITOS
Normativa de referencia.
Prazos:
  • Prazo de admisión: do 1 ao 20 de marzo
  • Prazos de matrícula:
    • INFANTIL E PRIMARIA: do 20 ao 30 de xuño
    • SECUNDARIA: do 25 de xuño ao 10 de xullo
FONTE: CPI DE VEDRA

REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR NAS AULAS DE ESO

O Alumnado de ESO do CPI Plurilingüe de Vedra puido participar nas últimas semanas no programa RCP na aula, como parte das actividades programadas na materia de Educación Física.
O programa pretende formar ao maior número de persoas posible na reanimación cardiopulmonar (RCP-B).
Esta iniciativa da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 consiste en formar como instrutores de RCP-B aos Profesores de Educación Física dos centros e estes instruír, á súa vez, e como parte da programación, aos alumnos/as.
O ensino da reanimación cardiopulmonar na escola representa unha oportunidade de instruír a un gran número de cidadáns. En Europa, a RCP-B está incluída no currículo escolar en Noruega, Dinamarca, Francia, Reino Unido e España. No caso de España só inclúe protocolos básicos de primeiros auxilios en Ed. Física de 4ºESO pero a formación en RCP-B non está estandarizada. Este programa está dirixido ao alumnado de todos os cursos de ESO.
O alumnado recibe ao final do programa unha certificación oficial da realización do curso.

FONTE: CPI DE VEDRA


SOLICITUDE DE SERVIZOS COMPLEMENTARIO PARA O CURSO 2018/2019

LEMBRADE QUE A DATA LÍMITE E 
O 30 DE ABRIL DE 2018

FONTE: CPI DE VEDRA


MENÚ MES DE ABRIL DE 2018



O escritor XOSÉ M. LOBATO presenta o seu libro ao alumnado de 1º ESO

O pasado 22 de febreiro visitounos Xosé Manuel Lobato para inaugurar a sección "O autor fala da súa obra" co libro Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, de cuxa edición estivo ao coidado.Falou para o alumnado de 1º da ESO.
FONTE: CPI DE VEDRA

CONTINUAMOS COA TRADICIÓN DOS ATRANQUES NO NOSO ANTROIDO

Coma en anos anteriores un grupo de rapazas e rapaces do CPI Plurlingüe de Vedra protagonizaron os atranques de xenerais de fonda tradición nos carnavais da comarca ullán.
FONTE: CPI DE VEDRA

ANTROIDO NO CPI DE VEDRA. 9 DE FEBREIRO.

Achegamos enlace ás primeiras fotos da celebración do Antroido que tivo lugar o venres día 9 no noso centro. Pola condicións meteorolóxicas non se puido celebrar o tradicional desfile polas rúas próximas. O acto tivo lugar no pavillón municipal que estivo abarrotado de público.
As comparsas estiveron centradas na temática común de Músicas de sempre e traxes alusivos.
FONTE: CPI DE VEDRA

CELEBRAMOS O DIA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

O CPI Plurilingüe de Vedra celebrou o pasado luns, 30 de xaneiro, o día da Paz e a Non Violencia. O acto artellouse en torno a "Sadako e as mil grúas", lenda xaponesa que di que se fas mil grúas de origami podes pedir un desexo. Entre todo o alumnado do centro elaboráronse mil grúas que se colgaron no patio cun cartel alusivo. Ademais cantouse unha canción de temática relativa as actitudes conciliadoras e pacifistas, complementando a posta en práctica do programa "Apadriñamento lector" dos alumnos maiores aos máis cativos.
FONTE: CPI DE VEDRA

Fernando Cabeza Quiles co alumnado de 2º ESO

O pasado 30 de xaneiro tivemos a sorte de contar coa visita e a conferencia do escritor e mestre Fernando Cabeza Quiles que impartiu unha lección sobre toponimia ao alumnado de 2º de ESO
FONTE: CPI DE VEDRA

19 DE MARZO DÍA DO PAI!!!


MOITAS FELICIDADES A TODOLOS
PAIS, DESEXAVOS A DIRECTIVA
DA ANPA DO CPI DE VEDRA


A RADIO NA BIBLIO INICIA A SÚA ACTIVIDADE.

Este martes, 6 de marzo, ecomenzaron as xornadas de formación para o alumnado inscrito no proxecto "Radio na biblio" no que participa o C.P.I. Plurilingüe de Vedra.
Esta primeira xornada tivo unha primeira parte de formación na aula de Informática e unha segunda traballando cos equipos de radio para facer as primeiras probas de emisión.
FONTE: CPI DE VEDRA

HOXE ALUMNAS DE 2º ESO PARTICIPAN NO CONCURSO NOVOS TALENTOS DE RELATO CURTO

O CPI de Vedra participa hoxe venres 9 de marzo en Santiago de Compostela no certame literario Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto! dirixido ao alumnado de 2.º da ESO  no que se busca potenciar a creatividade dos alumnos/as a través da escrita dun microrrelato en lingua galega.

MOITA SORTE!!!
FONTE: CPI DE VEDRA

8 de MARZO DIA DA MULLER!!!

Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.
Tradicionalmente grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, para facer ver as súas reinvindicacións para mellorar as condicións da muller, e festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos.

POR UN MUNDO CON IGUALDADE
CADA DÍA DO ANO

FELIZ DÍA A TODAS AS MULLERES!!!


DECÁLOGO PARA CRECER NA PAZ

  1. ES ALGUÉN MOI IMPORTANTE. QUÉRECHE
  2. PODES FACER MOITAS COUSAS. COÑÉCEAS
  3. SE TRATAS BEN AOS DEMAIS TERÁS MÁIS AMIGOS
  4. DESCOBRE TODO O QUE CHE UNE AOS DEMAIS POR ENCIMA DO QUE CHE SEPARA
  5. SE APRENDES A ESPERAR QUENDA XOGARÁS MELLOR
  6. ESFÓRZACHE POR TERMINAR BEN AS TÚAS TAREFAS. GOZARÁS CO RESULTADO
  7. CUMPRE COAS TÚAS RESPONSABILIDADES, OS DEMAIS O NECESITAN
  8. TRABALLA EN GRUPO. NINGUÉN SABE MÁIS QUE TODOS XUNTOS
  9. COMPARTIR AS TÚAS COUSAS COS DEMAIS FARACHE MÁIS FELIZ
  10. SE POS PAZ DENTRO DE TI, A TÚA CONTORNA IRÁ CAMBIANDO

30 DE XANEIRO DE 2018