OBRADOIRO DE LINGUAXE CINEMATOGRÁFICA. "VEDRA MEDRA"

No segundo taller, os alumnos que participan nos obradoiros de patrimonio organizados por Vedra Medra, introducíronse no mundo da creación audiovisual da man de Xoana e Estela, fundadoras da produtora 'Seica'.
Nesta primeira sesión descubriron conceptos básicos da linguaxe cinematográfica tales como 'storyboard', 'escena' ou 'secuencia', así coma os diferentes tipos de plano e encadre ou os movementos de cámara máis utilizados. O obxectivo é que cada un deles poida gravar co seu móbil unha breve peza de vídeo para dar a coñecer a aldea ou parroquia onde viven.

Para a construción do guión, os pequenos cineastas poderán botar man de coplas e cantigas ulláns recollidas pola Asociación Raiceiros, nas que se alude a diferentes nomes de lugar.
Estamos desexando ver o resultado! 

Fonte: Vedra Medra

No hay comentarios :

Publicar un comentario