OS BOLECHAS LEVAN O ENTROIDO ÁS ESCOLAS

Os Bolechas ofrecen unha unidade didáctica para achegar á cativada ao entroido tradicional galego por medio dos populares personaxes da familia creada por Pepe Carreiro.
Verín, Vilaboa, Chantada ou Laza son algúns dos lugares visitados polas crianzas Bolechas para mostrar o entroido máis tradicional e as súas peculiaridades.
A unidade, elaborada coa colaboración de profesionais da pedagoxía e a educación infantil, ofrece exercicios, xogos, receitas, ditos e información que compoñen un material didáctico que quere informar a nenas e nenos dunha das tradicións máis festexadas.
Podedes descargar a unidade pinchando no seginte enlace: http://osbolechas.com/o-entroido/

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

Estimados pais e nais:
Achegamos ligazón do proceso de admisión do alumnado nos Centros Escolares sostidos con fondos públicos. O prazo de solicitude de praza é do día 1 ao 20 de marzo.

http://www.edu.xunta.es/web/node/14293

PROGRAMACIÓN EN ABERTO DO LAV015

A Asociación Senunpeso Produccións ten o pracer de convidarvos á programación en aberto do LAV015, que detallamos deseguido:

Venres 6 de febreiro
20:30 h. Centro Sociocultural de Vedra (Casa da Terceira Idade)

Funes, o inventor da lúa, de Enrique Otero
Documental biográfico sobre o inventor Eugenio Funes, que tras ser unha das pezas fundamentais na carreira espacial e na conquista da lúa, rematou os seus días dramaticamente nunha caravana na súa Galicia natal.
Galicia | 2014 | 48 min | Documental
O labirinto dos soños, de Grándola Nova
Seis capítulos dunha serie de animación para TV, na que cada capítulo corresponde a unha canción. Conta as peripecias de Ventura tres pelos, un rapaz que nunca quería durmir porque non sabía soñar.
Galicia | 2001 | 12 min | Animación
Flores para unha rosa, de alumnado do CPI de Vedra
É imposible quitar da mente o que en realidade se atopa no teu corazón. Unha curtametraxe de animación realizada por alumnado do Colexio Público de Vedra.
Galicia | 10 min | Animación

Sábado 7 de febreiro
20:00 h. Centro Sociocultural de Vedra (Casa da Terceira Idade)

A viaxe dos Chévere, de Alfonso Zarauza
Un achegamento filmado ao traballo e á vida duns cómicos trillados polo asfalto. A través dunha mirada moi persoal e poética, Alfonso Zarauza narra o desterro dunha compañía de teatro expulsada da súa cidade por un político corrupto e a súa loita de resistencia desde o territorio aínda ceibe do escenario.
Durante varios meses, o cineasta e un reducido equipo acompañaron ao grupo Chévere Premio Nacional de Teatro 2014, no seu traballo diario e mentres elaboraban a Ultranoite no País dos Ananos, un musical estreado no concello de Teo que logo xirou por Galicia.
Galicia | 2014 | 55 min | Documental

Domingo 8 de febreiro
17:30 h.  Centro Sociocultural de Vedra (Casa da Terceira Idade)
Entrega de diplomas e clausura.

LEMBRADE: VI SEMINARIO-OBRADOIRO INTERNACIONAL DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS

A ANPA "A Boca" do C.P.I. Plurilingüe de Vedra está a colaborar na organización do "VI SEMINARIO-OBRADOIRO INTERNACIONAL DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS" co título "A EDUCACIÓN E OS MATERIAIS DIDÁCTICOS EN FINLANDIA: QUE PODEMOS APRENDER?" promovido entre outros pola Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela. 
Dito seminario-obradoiro temos o privilexio de que se celebrará en Vedra en febreiro do ano que ven no que vamos ter a oportuidade de escoitar de primeira man as experiencias dun profesor finlandés sobre un dos mellores sistemas educativos do mundo. Ademáis de debatir sobre que podemos aprender de Finlandia e que podemos mellorar na nosa comunidade educativa, teremos a oportunidade de participar en distintos obradoiros nos que poderemos aprender entre outras cousas a analizar os contidos dos libros de texto e materiais didácticos dos nosos fillos, ou como educalos no uso de novas tecnoloxías para evitar problemas de socialización e adicción. 
O seminario-obradoiro, totalmente en español, está orientado para toda a comunidade educativa. Dende a ANPA gustarianos promover a participación de todos os pais e nais que o desexen xa que consideramos de gran importancia que os pais e nais adquiran unha visión crítica na educación de seus fillos.
Para máis información podedes acceder ós seguintes enlaces:

http://avaliacionre.wordpress.com

Documentación de interese:

MAXÍA A CONTA DE "O GRAN PEDRINI"

Dende a ANPA "A Boca" gustarianos convidar a tod@s @s que queiran asistir a unha tarde de maxía, á actuación de O Gran Pedrini este xoves 18 de decembro ás 15:30 horas no Centro da Terceira Idade. Un plan perfecto para unha tarde distinta en familia. VEMONOS ALÍ!!!

2ª CAMPAÑA CAPTACIÓN SOCI@S E SEGURO ESCOLAR

SÚMATE Á ANPA, cada PAI e cada NAI somos IMPRESCINDIBLES

- Ata o día 18 de decembro estará aberto o prazo de inscrición.
- Para facerte socia/o da ANPA "A BOCA" só tes que ingresar ou transferir 15 € (cota por curso e familia) ó número de conta de ABANCA ES93 2080 0320 2230 4000 2641, e entregar a ficha de inscrición que acompaña a esta comunicación, debidamente cuberta, na conserxería do colexio.
- No concepto de ingreso indicaremos: nome do proxenitor/cota 2014-2015.
- Se prefires pagar en efectivo porque o teu banco cobra polas transferencias, podes atoparnos o mércores 17 e o xoves 18 de decembro no local da ANPA do colexio, de 16:30 a 17:00, ideal para facelo antes de recoller os nenos.
- Se o desexas tamén podes contratar connosco o Seguro Escolar que ofertamos todos os anos por un precio de 13 euros por ano e alumno para soci@s e 15 euros para non soci@s. Dispoñedes das coberturas e demáis información sobre o seguro pinchando no seguinte enlace: Póliza Seguro Escolar.
- Cantos máis socios sexamos, máis recursos, ideas e proxectos pódense poñer en marcha dende a nosa asociación. Poderemos facer máis eventos educativos nos que coñecernos todos e integrar mellor a toda a comunidade educativa, pais e nais, docentes, alumnos e todo o colectivo que directa ou indirectamente colabora ou traballa no noso colexio.

VI SEMINARIO-OBRADOIRO INTERNACIONAL DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS