ANPA CPI VEDRA
INSCRICIÓN DE SOCI@S CURSO 2014-2015
O prazo para facerse soci@ da ANPA está aberto ata o día 15 de novembro de 2014. Faite soci@, respalda un proxecto serio e necesario!!
- Para facilitar a comunicación fluída coas socias e socios, débese cubrir un formulario de inscrición. Estará a disposición dos interesados na conserxería do centro ou na pestana FAITE SOCI@ !!! deste blog. Entregarase, debidamente cuberto, na propia conserxería, ou a calquera dos/as integrantes da directiva.
- O pago da cota, que segue a ser a mesma do curso pasado, 15€/familia, farase na seguinte conta: ES93 2080 0320 22 3040002641 (ABANCA).
- No concepto de ingreso indicaremos: nome do proxenitor (o mesmo que se cubriu no formulario)/cota 2014-2015.
- O prazo de inscrición remata o 15 de novembro.
- Para tod@s os que queiran facer o pago en metálico, estaremos a vosa disposición todos os xoves, de 17.00 a 17.30, no local da ANPA (dende o 16 de outubro o 13 de novembro).
Gracias o tod@s por respaldar esta iniciativa.
Etiquetas:
Convocatorias
,
Inscrición
,
Socias/os
MATERIAL ESCOLAR GRATUITO GRACIAS Á FUNDACIÓN LA CAIXA
A Fundación "La Caixa" en colaboración coa CONFAPA-GALICIA doou lotes de material escolar para as familias que estéan nunha situación na que se faga moi difícil asumir o custo do material escolar. O reparto destes lotes, coordinado polo grupo de traballo da Fundación, contou coa colaboración da ANPA do CPI de Vedra e os Servicios Sociais do Concello de Vedra. A iniciativa foi todo un éxito e no tocante ó CPI de Vedra entregáronse este pasado mes os seguiste lotes:
Educación Infantil: 7 lotes.
Educación Primaria: 8 lotes.
Educación Secundaria: 16 lotes.
Dende a ANPA gustaríanos darlle as gracias a todas as persoas que fixeron posible e colaboraron nesta iniciativa. MOITAS GRACIAS A TOD@S!!!
Etiquetas:
Axudas
,
Material escolar
AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADE DE APOIO EDUCATIVO
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte concede unhas axudas para alumnos con necesidade de apoio educativo. Para todos os que esteades interesados en solicitalas o prazo remata o 30 de setembro.
Tedes máis información no seguinte enlace:
Moita sorte!
Etiquetas:
Axudas
,
Convocatorias
CHÁNDAL OFERTADO POLA ANPA DO CPI DE VEDRA
Nota: No modelo final as zonas con goma da cintura, cuello e mangas serán sustituidas por bordado con franxas verdes e amarelas. O escudo de Vedra irá no peito enriba da franxa amarela.
Etiquetas:
Chándal
CAMPUS DE VERÁN CIENTÍFICO-TÉCNICO LUGO
Dirixido a estudantes da E.S.O. que queiran coñecer de primeira man as diferentes alternativas formativas que lles ofrece a Universidade de Santiago de Compostela.
Etiquetas:
Actividades
,
Formación
TEATROFORUM "QUÉREME BEN"
Lembrade que mañá sábado 12 ANDARAVÍA convídanos ao teatroforum "Quéreme ben", de 100Tolas, Grupo de Teatro dx Oprimidx que terá lugar ás 19 hs no Centro Sociocultural do Burgo (casa da Terceira Idade). Gustaríanos tamén puntualizar que a obra está dirixida a MAIORES DE 14 ANOS.
Vemonos no TEATRO !!!
Etiquetas:
Actividades
,
Teatro
O TEATROFILIA MÁIS EDUCATIVO NA PRÓXIMA FIN DE SEMANA
ANDARAVÍA convídanos ao teatroforum "Quéreme ben", de 100Tolas, Grupo de Teatro dx Oprimidx que terá lugar o sábado día 12 ás 19 hs no Centro Sociocultural do Burgo (casa da Terceira Idade).
A obra é unha historia de violencia de xénero coa cal se pretende cuestionar o modelo de relacións de parella e de amor romántico actual.
O Teatroforum é unha das técnicas do Teatro do Oprimido onde a barrEira entre público e platea desaparece e se substitue polo diálogo.
O Teatro do Oprimido é unha metodoloxía teatral desenvolvida nos anos 60-70 polo dramaturgo Augusto Boal, que pretende transformar as realidades opresivas a través de medios estéticos e o diálogo entre os oprimidos.
É, por tanto, unha actividade de gran interese para todo o público, pero especialmente para o máis xoven, de cara a xenerar actitudes que estimulen a reflexión e a prevención da violencia de xénero.
Ademais, o domingo dia 13 actuará a AULA DE TEATRO DO CPI DE VEDRA, ás 16: 15 hs., representando a obra "O último canto".
Etiquetas:
Actividades
,
Teatro






