17 DE MAIO DIA DAS LETRAS GALEGAS!!!


O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018 ESTÁ DEDICADO A 
 MARÍA VICTORIA MORENO MARQUEZ

Aínda que ela afirmaba que viñera ao mundo en 1941, seguramente para facer cadrar a súa idade coa das compañeiras de bacharelato elemental en Barcelona, a verdade é que Ana María Victoria Moreno Márquez naceu en Valencia de Alcántara (Cáceres) o 1 de maio de 1939.
Esta pontevedresa de adopción chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, e axiña asumiu a cidadanía en galego, a lingua que escolleu tanto para as súas obras narrativas infantís e xuvenís como para os seus estudos literarios, o ensaio, a poesía e a didáctica da lingua e da literatura galegas. Isto permítenos definila como "galega de elección".
Eu non son alófona porque o que practico, se é que escribo, podería definirse coma unha amorosa autofonía […]. A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor”, declaraba María Victoria Moreno, en 1993, no congreso Poetas Alófonos en Lingua Galega.
En 2018 é a figura protagonista do Día das Letras Galegas e isto convértea na cuarta muller -tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño- que leva ese recoñecemento na historia da celebración.

XORNADA PREVENCION DE CONDUTAS DE RISCO NA ADOLESCENCIA - 3º e 4º ESO

O CPI Plurilingüe de Vedra participou nunha xornada do Programa "Ktorce-18" con alumnado de 3º e 4º de ESO. Foi impartida pola Fundación Arela, sobre contidos relacionados coa Lei do Menor e a súa relación con condutas de risco na adolescencia e a súa prevención.


FONTE: CPI DE VEDRA

CIBERMANAGERS POLA IGUALDADE. 3º ESO - 6º PRIMARIA

O alumnado de 3º de ESO e o  de 6º de Primaria participaron no Programa "CIBERMANAGERS POLA IGUALDADE". Este programa promovido pola Secretaria Xeral de Igualdade e coordinado polo Departamento de Orientación do CPI, contou coa intervención dunha especialista da Asociación Pantallas Amigas que impartiu os cursos.
O proxecto baseado na aprendizaxe servizo solidario a través do cal,  o alumnado maior do centro é capacitado para converterse en referente dos seus compañeiros e compañeiras máis xóvenes no uso seguro e saudable das novas tecnoloxías, mentras adquiren competencias curriculares e potencian as suas habilidades para a vida diaria.
Houbo unha xornada inicial de formación conxunta para todo o alumnado de 3º ESO. Na segunda e treceira xornadas voluntarios de 3º de ESO profundizaban para converterse en "cibermanagers da igualdade", e asi facer unha ultima xornada para o alumnado de 6º de Primaria.
Ademais houbo unha xornada informativa cos pais e nais do alumando de 6º de Primaria.
FONTE: CPI DE VEDRA

O CPI de Vedra participa no Correlingua 2018

Setenta e seis rapaces e rapazas de 1.º e 2.º da ESO participaron o día 7 de maio na edición do Correlingua en Santiago de Compostela.
Convocados baixo o lema "A lingua non para", acudimos á cidade compostelá cunha reinterpretación en clave local. Para iso, axudámonos da imaxe da Ponte do Gundián, que escollemos de fondo, e dun lema propio "Non a deixes caer". 
FONTE: CPI DE VEDRA

3º E 4º DE PRIMARIA PERCORREN UN TREITO DO CAMIÑO DA SANTIAGO

O ARQUITECTO RICARDO VARELA VISITA O CPI DE VEDRA

O 2 de maio acompañounos o arquitecto Ricardo Varela para falarnos dos xardíns históricos como patrimonio cultural e, en particular, da configuración do do pazo vedrés de Ortigueira (Santa Cruz de Ribadulla). A charla estivo dirixida ao alumnado de 1º ESO.
FONTE: CPI DE VEDRA