REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR NAS AULAS DE ESO

O Alumnado de ESO do CPI Plurilingüe de Vedra puido participar nas últimas semanas no programa RCP na aula, como parte das actividades programadas na materia de Educación Física.
O programa pretende formar ao maior número de persoas posible na reanimación cardiopulmonar (RCP-B).
Esta iniciativa da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 consiste en formar como instrutores de RCP-B aos Profesores de Educación Física dos centros e estes instruír, á súa vez, e como parte da programación, aos alumnos/as.
O ensino da reanimación cardiopulmonar na escola representa unha oportunidade de instruír a un gran número de cidadáns. En Europa, a RCP-B está incluída no currículo escolar en Noruega, Dinamarca, Francia, Reino Unido e España. No caso de España só inclúe protocolos básicos de primeiros auxilios en Ed. Física de 4ºESO pero a formación en RCP-B non está estandarizada. Este programa está dirixido ao alumnado de todos os cursos de ESO.
O alumnado recibe ao final do programa unha certificación oficial da realización do curso.

FONTE: CPI DE VEDRA


SOLICITUDE DE SERVIZOS COMPLEMENTARIO PARA O CURSO 2018/2019

LEMBRADE QUE A DATA LÍMITE E 
O 30 DE ABRIL DE 2018

FONTE: CPI DE VEDRA


MENÚ MES DE ABRIL DE 2018



O escritor XOSÉ M. LOBATO presenta o seu libro ao alumnado de 1º ESO

O pasado 22 de febreiro visitounos Xosé Manuel Lobato para inaugurar a sección "O autor fala da súa obra" co libro Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, de cuxa edición estivo ao coidado.Falou para o alumnado de 1º da ESO.
FONTE: CPI DE VEDRA

CONTINUAMOS COA TRADICIÓN DOS ATRANQUES NO NOSO ANTROIDO

Coma en anos anteriores un grupo de rapazas e rapaces do CPI Plurlingüe de Vedra protagonizaron os atranques de xenerais de fonda tradición nos carnavais da comarca ullán.
FONTE: CPI DE VEDRA

ANTROIDO NO CPI DE VEDRA. 9 DE FEBREIRO.

Achegamos enlace ás primeiras fotos da celebración do Antroido que tivo lugar o venres día 9 no noso centro. Pola condicións meteorolóxicas non se puido celebrar o tradicional desfile polas rúas próximas. O acto tivo lugar no pavillón municipal que estivo abarrotado de público.
As comparsas estiveron centradas na temática común de Músicas de sempre e traxes alusivos.
FONTE: CPI DE VEDRA

CELEBRAMOS O DIA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

O CPI Plurilingüe de Vedra celebrou o pasado luns, 30 de xaneiro, o día da Paz e a Non Violencia. O acto artellouse en torno a "Sadako e as mil grúas", lenda xaponesa que di que se fas mil grúas de origami podes pedir un desexo. Entre todo o alumnado do centro elaboráronse mil grúas que se colgaron no patio cun cartel alusivo. Ademais cantouse unha canción de temática relativa as actitudes conciliadoras e pacifistas, complementando a posta en práctica do programa "Apadriñamento lector" dos alumnos maiores aos máis cativos.
FONTE: CPI DE VEDRA

Fernando Cabeza Quiles co alumnado de 2º ESO

O pasado 30 de xaneiro tivemos a sorte de contar coa visita e a conferencia do escritor e mestre Fernando Cabeza Quiles que impartiu unha lección sobre toponimia ao alumnado de 2º de ESO
FONTE: CPI DE VEDRA