ESCOLA DE FAMILIAS DE ABRIL



Un mes máis a Escola de Familias trata un tema de especial interese para a comunidade educativa na actualidade. Desta vez a experta María Chavert impartirá unha charla titulada "Prevención no consumo de drogas nas familias".

A reunión terá lugar hoxe de 20:30-22:00 horas na Casa da Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla.

Esperamos a vosa presenza e que sexa do voso interese.

IX XORNADAS DA CIENCIA E A TECNOLOXÍA

Hoxe comezan en Vedra as actividades da Semana da Ciencia 2016 que este ano tratarán sobre "A luz e a ciencia" e que durarán ata o próximo domingo día 24 no que terá lugar a Feira da Ciencia (Pavillón Municipal de Vedra) na que os escolares participantes no concurso exporán os seus traballos.
Non faltedes a todas as actividades de grande interese que se van a celebrar estes próximos días e sobre todo non deixedes de participar de forma activa cos vosos fillos e fillas para concienciar a todas as persoas da importancia da luz e a tecnoloxía na cidadanía.

Debaixo destas liñas tedes máis información:



TEATRO ANPA


Mañá ás 12:00 horas na Casa da Terceira Idade de Vedra terá lugar a obra de teatro "Memorias das memorias dun neno labrego" de Candido Pazó, un monólogo escénico-narrativo sobre o libro de Xosé Neira Vilas.

Deste xeito dende esta ANPA intentamos facerlle unha pequena e merecida homenaxe a un dos escritores galegos máis importantes da historia.

A obra foi organizada pola ANPA A Bóca principalmente para os rapaces e rapazas do CPI de Vedra, sen embargo calquera persoa que desexe asistir está totalmente invitada.

ANIMÁDEVOS!






DROGAS E SAÚDE

O departamento de educación do concello de Vedra en colaboración cos centros educativos do municipio está a organizar unhas xornadas sobre prevención de drogodependencia para facilitar os recursos de información, orientación e formación ás familias: “Falemos de drogas” dirixidas a toda a comunidade .

MARÍA TAJES ALONSO
(psiquiatra, xefa de servizo de saúde mental e drogodependencias)

“DROGAS E SAÚDE”

Será o xoves 25 de febreiro, ás 20 h no Centro Municipal de Formación (Casa da Estación do Tren de Santa Cruz de Ribadulla).

Poderán asistir todas as persoas interesadas. Por razóns de organización agradecemos que confirmedes a vosa asistencia no telf. 699041486 Mamen Sabio (Educadora) ou no seguinte enderezo carmen.sabio@vedra.dicoruna.es .

Animádevos a participar. A educación é tarefa de todas e todos.










DEBATE-CONFERENCIA REDE E TECNOLOXÍA: DESAFIOS EDUCATIVOS EN COMUNIDADE


Os vindeiros días venres 19 e sábado 20 terá lugar en Vedra o "VII Seminario-Obradoiro Internacional de Avaliación de Materiais Didácticos" organizado entre outros pola USC e esta ANPA.

O venres pola tarde levaranse a cabo no salón de actos da Casa da Terceira Idade de Vedra unha serie de charlas ás que estades convidadas todas as persoas interesadas en asistir.

Tedes máis información debaixo destas liñas.

NON FALTEDES!!! 









LAV016


Esta fin de semana terá lugar o Laboratorio Audiovisual de Vedra (LAV016) da Asociación Senunpeso que este ano vai pola súa novena edición (9ª Xornadas de Formación e Mostra Audiovisual).

Dende esta ANPA gustaríanos animar a todas as persoas interesadas a asistir á programación en aberto que ofrecen estas Xornadas. A información de dita programación pódese ver debaixo destas liñas.

ANIMÁDEVOS!!!