O OURO DO TEMPO

Unha película rodada en Vedra polo director Xavier Bermúdez é o único filme de fala hispana que compite no prestixioso Festival Internacional Karlovy Vary. Dita película gravouse en distintos entornos de Vedra e na casa dun dos membros da directiva da ANPA "A Boca", Nin Calvo, e ca actuación dun dos actores galegos máis coñecidos e residente en Vedra, Manuel Cortés. Debaixo destas liñas podedes ver o trailer da película. Desexámoslle a Xavier e a todo o reparto do filme a mellor das sortes. Unha aperta dende a ANPA "A Boca".

Trailer

NOVO DISCO DA REQUINTA DA LAXEIRA

Todos os que estamos interesados en darlle a mellor formación aos nosos fillos e fillas, pensamos que a música é unha parte moi importante da mesma.
En Vedra segue medrando cada ano unha tradición musical que vén de lonxe, grazas á Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla, aos grupos de gaiteiros e requinteiros de varias parroquias, ás asociacións culturais que manteñen as súas agrupacións de música e baile tradicional e, máis preto no tempo, á Escola de Música de Vedra que achega ao noso concello a posibilidade de aprender a tocar instrumentos de menor raigame entre nós, como a guitarra, o violín ou o piano.
Por todo iso e porque a Requinta da Laxeira, integrada por alumnado e ex-alumnas e alumnos das nosas escolas públicas, acaba de sacar o seu novo disco, Maise, que agardamos teña tanto éxito como o anterior, manifestamos nesta pequena entrada do blog o noso recoñecemento ao tecido asociativo e ás persoas que loitan cada día pola cultura dos nosos fillos e fillas, pola esperanza deste país.


PORQUE VEN O VERÁN

Paco Nogueiras agasállanos con outro dos seus estupendos videos, desta vez dándolle a benvida ó recén chegado verán. Esperemos que vos guste e desfrutedes del bailando e cantando ó sol.
Unha vez máis, Paco, gracias por compartir o teu talento con todos nós.


DESPEDIDA DE DONA MARI

Jacqui, a nosa secretaria, entregoulle a Dona Mari, con motivo da súa xubilación, unha bandexa de Cerámica da Ulla chea de bombóns, durante un acto de fin de curso especialmente adicado a ela.
Desexámoslle a Dona Mari e todos os mestres e mestras que onte, por un motivo ou outro, se despediron do colexio de Vedra nun acto cheo de emoción e agarimo, o mellor para o seu futuro persoal e profesional.
Tamén felicitamos, moi sinceiramente, á equipa directiva e aos mestres e mestras que se volcaron na organización da festa de fin de curso, polo éxito da mesma e o traballo feito a prol da educación dos nosos fillos e fillas durante un curso no que non faltaron dificultades ás que enfrontarse. Parabéns!


CONCENTRACIÓNS EN TODA GALICIA CONTRA A LOMCE E OS RECORTES

A Plataforma en Defensa do Ensino Público, da que formamos parte a través de CONFAPA-GALICIA, convoca concentracións nas sete grandes cidades de Galicia contra a LOMCE e contra os recortes na Escola Pública, cando se inicia o trámite parlamentario desa contrarreforma inaceptable.

Estas concentracións serán o próximo día 27 de xuño:

 A Coruña                              Ferrol                                    Santiago
    

10 RAZÓNS PARA REXEITAR A LEI WERT

A través da CONFAPA-GALICIA cheganos un documento, consensuado entre o 30 de maio e o 13 de xuño cos distintos Grupos Parlamentarios do Congreso e Sindicatos, no que se expoñen as 10 razóns de máis peso polas que rexeitar a nova Lei Wert. Podedes ter acceso a dita lista na nosa sección de DOCUMENTOS.

 

ABORDAMOS AS REDES SOCIAIS!!!

A ANPA, nun intento de chegar a máis xente e de divulgar os seus contidos de forma máis ampla, proponse para o novo curso abordar as famosas redes sociais de Facebook e Twitter. Xa tedes á vosa disposición a nova páxina de Facebook e a recén estreada páxina de Twitter nas que iredes sendo informados dos novos contidos do blog da ANPA, ademáis de moitas outras cousas. Podedes acceder a elas e facervos seguidores dende os enlaces de "Páxinas de Interese" do panel da dereita do blog ou a partires dos seguintes enlaces:


SÍGUENOS!!!