Charla - coloquio sobre a LOMCE

A ANPA do CPI de Vedra, considera esencial que os pais e nais esteamos informados dos aspectos esenciais sobre esta Lei de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) e da repercusión na futura educación dos nosos fillos e fillas.

Entrega Donativo a Fundación Andrea

Despois do éxito acadado co "Rastriño de 2ª man", fíxoselle entrega do importe recaudado á Fundación Andrea, aproveitando o Festival de Nadal na Casa da 3ª idade.
Dende a Directiva da ANPA agradecemos a todos os nenos e nenas, e ás súas familias, a colaboración desinteresada nesta acción solidaria.

Escola de Familias
O proxecto da Escola de familias nace da iniciativa de pais e nais do concello de Vedra e o departamento de Servizos Sociais do Concello de Vedra (Área de educación), coa intención de crear un espazo de debate sobre temas educativos de interese para as familias.

Saída Micolóxica

Primeira quedada da ANPA para descobrer o apaixoante mundo dos cogumelos.




FEIRA DA CIENCIA 2012

Fotos da presentación dos traballos e proxectos concursantes na Feira da Ciencia

Participación no "Rastrillo de 2ª Man"

O "Rastrillo" de 2ª Man organizado polo Concello de Vedra contará cun posto da nosa ANPA. A nosa participación, en colaboración co CPI de Vedra, ten un enfoque solidario e participativo, onde todo o alumnado e as familias poden participar para axudar a recadar fondos para a FUNDACIÓN ANDREA.

Documentos da Alianza Social Galega e da CONFAPA

Manifesto e Declaración de apoio á Folga Xeral do 14 de novembro da Alianza Social Galega.

A  Xunta Directiva da ANPA do CPI de Vedra desexa trasladarlle ás nais e pais do alumnado deste centro os seguintes documentos:
  1. Manifesto da Alianza Social Galega, da que forma parte a CONFAPA (Confederación de Asociacións de Nais e Pais á que a nosa ANPA pertence).
  2. Declaración de apoio á Folga Xeral do 14 de novembro remitida pola CONFAPA.
  Todos estes documentos achéganselle ás socias e socios da ANPA do CPI de Vedra en cumprimento dun compromiso informativo que a súa Xunta Directiva vén mantendo coas e cos asociadas/os no seu ámbito de responsabilidade.