FALECE XOSÉ NEIRA VILAS

Dende a ANPA A Bóca gustaríanos transmitir o noso máis sentido pesar á familia e amigos de Xosé Neira Vilas que nos deixou hoxe pola mañá. Unha das figuras máis importantes da cultura e a literatura galegas, autor entre outras obras, de Memorias dun neno labrego.
DEP.


DÍA DO MESTRE

Hoxe celébrase o Dia do Mestre e dende a ANPA A Bóca do CPI de Vedra gustaríanos felicitar a todas as mestras e todos os mestres que continuamente traballades arreo para e polos nosos fillos e fillas.
Moitas grazas polo voso compromiso.



DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

NOTA DE PRENSA CONFAPA-GALICIA 23/11/2015

O 25 de novembro de 2015, ás 20/20:30 horas, o Movemento Feminista Galego convoca concentracións e manifestacións nas principais cidades de Galicia* con motivo do “DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO” para esixir que a loita contra a violencia machista sexa unha Cuestión de Estado.
A Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos, (CONFAPA-GALICIA), como colectivo que representa ás familias da escola pública galega e defende a igualdade e o respecto aos dereitos e liberdades fundamentais de toda a cidadanía así como os valores de solidariedade e tolerancia, adhírese a esta movilización cívica e xunto ás súas organizadoras invita a toda a sociedade civil a que se sume á mesma xa que a erradicación da violencia machista e a violencia cara ás mulleres é unha cuestión que involucra a toda a sociedade.

23 de novembro de 2015

Área de Comunicación e Publicacións
XUNTA DIRECTIVA.


*Manifestacións:
  • COMPOSTELA, 20:30 h: desde a Praza 8 de Marzo.
  • VIGO, 20:00 h: desde a Farola de Urzáiz.

*Concentracións:
  • A CORUÑA, 20:00 h: Obelisco.
  • NARÓN, 20:00 h: Praza da Gándara.
  • OURENSE, 20:30 h: Praza do Ferro.
  • PONTEVEDRA, 20:00 h: Praza da Peregrina.



NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

A Xunta volve a convocar axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2015/16, que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a dita axuda, resultase excluído por unha causa emendable.

Prazo de solicitude: 11/11/2015-24/11/2015

ENLACES:
ORDE do 6 de novembro de 2015 (DOG)

ÚLTIMO DÍA!!!

Lembrade que hoxe ás 24 horas remata o prazo para poder facerte soci@ da ANPA A BOCA ou para contratar o noso Seguro Escolar. Se fixéchedes o pago ou aínda o ides facer esta fin de semana, poderedes entregar a ficha de inscrición na conserxería do CPI de Vedra durante toda a semana que ven.
Moitas grazas a tod@s @s que xa vos fixechedes soci@s e lembrade que con isto estades apoiando unha iniciativa seria e necesaria.

ACLARACIÓN CAMPAÑA CAPTACIÓN SOCI@S ANPA

Estimad@s amig@s,

debido a unha consulta que recibimos de parte dunha nai do CPI gustarianos aclarar o seguinte:

TANTO A COTA DE SOCI@ COMO O SEGURO ESCOLAR DA ANPA A BOCA TEÑEN QUE RENOVARSE ANUALMENTE. POLO TANTO, AÍNDA QUE FORADES SOCI@S E TIVERADES O SEGURO O CURSO PASADO ESTE CURSO TEDES QUE VOLVER A PAGAR A COTA OU O SEGURO PARA PODER SEGUIR BENEFICIANDOVOS DOS NOSOS SERVIZOS.

Lembrade que tedes ata o domingo 8 ás 24 horas para facer os pagos correspondentes se desexades ser soci@s ou o seguro para este curso 2015-2016. As fichas poderanse entregar se o desexades na semana seguinte, pero sempre e cando estea feito o pago antes do día oito.
Sen máis, adxuntamosvos a ficha de inscrición, aínda estades a tempo de participar nun proxecto serio e necesario.

Saudos.