ENTRE MAESTROS

O documental "Entre maestros" explora o mundo da docencia, basándose na publicación dun libro que plantexa a motivación dos alumnos desde o propio autocoñecemento persoal; donde se promove que cada un levamos un mestre dentro.



UN BISCOITO PARA JOSÉ MANUEL

Con motivo da foliada do sábado 5 de outubro organizada pola Asociación Raiolo no campo da festa de Vedra para recadar fondos dentro da campaña Todos con José Manuel, a ANPA do CPI de Vedra queremos aportar o noso graniño de area. Para iso vamonos a encargar de organizar e elaborar biscoitos para poñer á venda na foliada dentro da campaña Un biscoito para José Manuel. Se queredes participar cos vosos doces tedes toda a información de como facelo debaixo desta liñas. ANÍMATE!!!

             
               Fontal
Traseira

O ENSINO E AS INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

A capacidade de participar no currículo educativo dos nosos fillos na escola pública é simbólica e na práctica nula, pero non por iso nos imos a desanimar e a deixar de propoñer, cando menos, reflexións. Antes de esixirlle aos nosos fillos determinadas metas escolares, e aos seus mestres determinadas formas de ensinar, cremos moi interesante coñecer o que di Howard Gardner, profesor de Harvard, sobre o que debe ofrecerlle o sistema educativo ao alumnado:

ESCOLA DE FAMILIAS

O próximo venres 27 terá lugar outra sesión de Escola de Familias, nesta ocasión contamos coa participación de Manuel Rei, un prestixioso profesional da orientación educativa a nivel nacional. Sería bó que aproveitásemos todos e todas esta ocasión. A sesión celebrarase desta vez en Sta. Cruz, no centro Municipal de Formación (antiga estación de Sta. Cruz).


COMUNICADO DE INICIO DE CURSO DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

Comunicado de inicio de curso da Plataforma en Defensa do Ensino Público

A MOTIVACIÓN PARA APRENDER

Motivar aos nosos fillos e fillas para que se interesen pola formación e aprendan é un dos principais retos que debemos enfrontar as nais e pais e, por suposto, os seus mestres.
Daniel Pink é un dos máis reputados investigadores da motivación que hai no mundo, un gran divulgador tamén, e no seu libro “La sorprendente verdad sobre lo que nos motiva” explícanos moitas das claves da motivación e como acadala. A xeito de resumo, coa idea de despertar en todos nós as gañas de profundizar máis no tema, deixámosvos estes consellos contidos no seu libro.

OS PERIGOS DE INTERNET

"Hai anos que temos asumida a convivencia normal con Internet. No eido familiar e laboral a Rede de Redes descobre un mundo e información noutrora nunca visto. É a universalidade da cultura que chega a nós cunha simplicidade que non deixa de sorprendernos. A tecnoloxía avanza a ritmo frenético, non só os dispositivos resultan cada vez máis lixeiros e portables, senón que levamos literalmente no peto as redes sociais e xunto a elas gardamos nosos sinais de identidade, inxentes datos persoais e contactos dun sinfín de persoas achegadas e outras non tanto. Por moitas bondades e potencialidades que nos ofreza, Internet e todas as aplicacións derivadas da Rede, agocha riscos e perigos que de non ser enfrontados poden chegar a perturbar a nosa vida familiar, escolar e social."
Debaixo destas liñas ou no apartado DOCUMENTOS podedes ler un interesante cómic creado polo Valedor do Pobo que nos fala dos perigos de internet dentro do eido familiar dunha forma amena e para todos os públicos.


1º ENCONTRO DA COMUNIDADE EDUCATIVA E CAFÉ DE IDEAS

Dende o mesmo momento en que rematou o 1º Encontro da Comunidade Educativa, queriamos compartir con todos vós o que aconteceu no mesmo e especialmente os resultados das conversas mantidas no "Café de Ideas". Pensamos que todos os que puideron participar na experiencia saíron máis que satisfeitos, e esperamos que o resumo do Encontro e do "Café de Ideas" que agora vos achegamos sexa tamén do voso interese e continúe a motivar a reflexión e o coñecemento arredor do que somos e do que queremos ser como comunidade educativa. Para ler o resumo pinchade no seguinte enlace ou accedede ao apartado DOCUMENTOS.


LOTES NON RECOLLIDOS DO BANCO DE LIBROS

O próximo xoves 19 de setembro ás 19:30 horas integrantes da directiva da ANPA estaremos no comedor do CPI de Vedra entregando os lotes do Banco de Libros que non foron recollidos nas datas sinaladas para tal efecto. No caso de que ninguén reclame ditos lotes antes ou durante o horario de entrega dos mismos o xoves 19, darase a entender que dita persoa non está interesada nos libros e perdarán o dereito a recibilos no presente curso; quedando a formar parte dos remanentes do Banco de Libros para ser usados en vindeiros cursos.

RESUMO ACTIVIDADES ANPA 2012-13

Xa podedes ver na sección de DOCUMENTOS ou no enlace desta entrada o resumo de todo o que fixemos a ANPA "A Boca" neste pasado curso 2012-13. Gustarianos agradecer a todos os pais, nais, alumn@s, institucións e demáis colaborador@s todo o seu apoio e axuda para poder levar adiante todas as nosas ideas. Esperamos poder facer máis para o vindeiro curso co apoio de todos. MOITAS GRACIAS.


ENTREGA DE PRIMARIA DO BANCO DE LIBROS

Lembramos a todos os que solicitaron libros de Primaria ó Banco de Libros para o curso 2013-14, que faremos a entrega dos mesmos mañá venres 6 ás 20 horas no CPI de Vedra. Esperamos vervos a todos os que participáchedes na edición deste ano e ós interesados para ó ano que ben, xa que se fará unha pequeña charla explicando a experiencia deste primer ano de funcionamento e as melloras para o próximo curso.